2.1 Asesoramento a emprendedor@s

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

ASESORAMENTO A PERSOAS EMPRENDEDORAS

QUE É?

É un servizo público e gratuíto de asesoramento e información, subvencionado en parte pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Pretende potenciar as iniciativas empresariais no Concello que orixinen novos postos de traballo.

QUE SERVIZOS OFRECE?

 

  • Detección de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de desenvolvemento económico do territorio.
  • Asesoramento e apoio para a creación de empresas:

- Análise da idea inicial e información.

- Apoio na elaboración do proxecto empresarial.

- Axuda na tramitación e constitución da empresa.

  • Información sobre axudas e liñas de financiamento para as persoas emprendedoras.
  • Información sobre axudas á creación de emprego por conta allea.

 

PARA QUEN?

 

Dirixido ás persoas que teñan unha iniciativa empresarial para crear unha empresa.

 

CANDO?

 

O servizo de asesoramento a persoas emprendedoras do Concello de Redondela está en funcionamento todo o ano.

ONDE?

Actualmente desenvolvemos o noso traballo na CONCELLERÍA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, situada no Paseo do Pexegueiro, núm. 6 (antiga Avda. de Mendiño, s/n).

CONTACTO

TELF: 986 402664
Correo electrónico: aedl@redondela.gal |  per@redondela.gal
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 h.