2.3 Plan Municipal de Emprego

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

PLAN DE EMPREGO DO CONCELLO DE REDONDELA (PER) para persoas desempregadas

QUE É?

É un servizo municipal, público e gratuíto que pon en marcha a Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de Redondela, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela e subvencionado en parte pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Consiste na selección dun grupo de persoas desempregadas que participarán de forma activa nun proceso de capacitación e busca do seu propio emprego.

O Plan Integral de Emprego, a través de deiferentes medidas, promove a estabilidade laboral no traballo e a inserción destas persoas desempregadas do municipio no mercado laboral.

Para este labor diferentes áreas traballan dunha forma coordinada e integral.

QUE SERVIZOS OFRECE?

A.- Para as persoas desempregadas:

Orientación laboral ás persoas usuarias:

-    Atención personalizada das persoas usuarias.
-    Elaboración da diagnose de ocupabilidade.
-    Deseño de itinerarios personalizados de inserción.
-    Accións grupais de desenvolvemento persoal, novas tecnoloxías da información e comunicación, formación para o emprego e técnicas activas de busca de emprego.
-    Asesoramento e apoio na busca activa de emprego por conta propia e por conta allea
-    Inserción laboral orientada ás empresas do noso contorno.
-    Coñecemento das necesidades de persoal do tecido empresarial.
-    Axustar a formación  das persoas participantes no PER ás necesidades das empresas.
-    Creación dunha rede estable de interrelación entre o concello e as empresas.

B.- Para as empresas:

-    Preselección de persoas candidatas para ofertas de emprego.
-    Formación específica: accións de formación a medida, negociada directamente coas empresas e financiada polo Plan Integral de Emprego, sempre que exista un compromiso de contratación.
-    Prácticas formativas: disposición de persoas axustadas ao perfil demandado para a realización de prácticas non laborais na propia empresa, coa posibilidade de que se integren laboralmente.
-    Información e asesoramento: apoio e información sobre as subvencións e incentivos á contratación, e de todas as medidas de fomento de emprego.

PARA QUEN?

Este plan oriéntase a un grupo de persoas desempregadas que estean dispostas a implicarse dunha forma activa nun proceso de capacitación e busca de emprego.

CANDO?

O Plan Integral de Emprego púxose en marcha no mes de outubro de 2011 e está en funcionamento todo o ano.

ONDE?
Actualmente desenvolvemos o noso traballo na CONCELLERÍA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL,  situada no Paseo do Pexegueiro, núm. 6 (antiga Avda. de Mendiño s/n).

CONTACTO

TELF: 986 402664
Correo electrónico: aedl@redondela.gal | per@redondela.gal
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 h.