2.2 Bolsa Municipal de Emprego

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO

QUÉ É?

É un servizo municipal, público e gratuíto,  de busca activa de emprego.

Consiste en informar sobre as posibles ofertas de traballo, orientar na busca de emprego e facer un seguimento individualizado das persoas usuarias da bolsa.

QUÉ SERVIZOS OFRECE?

•    Rexistro das persoas demandantes na bolsa de emprego, despois de manter unha entrevista personalizada na que se detecten as súas condicións de ocupabilidade.
•    Información sobre a situación do mercado laboral na comarca.
•    Información sobre cursos e bolsas que se adapten ás características persoais da persoa demandante de emprego.
•    Recollida  das ofertas de emprego publicadas nos distintos medios: prensa escrita, internet, etc., así como os requerimentos de perfís profesionais das empresas colaboradoras, etc.
•    Axuda para a elaboración ou modificación do seu currículo.
•    Mediación entre a oferta e a demanda.

PARA QUEN?
Dirixido ás persoas que buscan emprego.

CANDO?
A bolsa de emprego de Redondela está funcionando actualmente. Se queres podes vir a deixarnos o teu currículum vítae ás nosas instalacións.

ONDE ESTAMOS

Actualmente prestamos os nosos servicios na CONCELLERÍA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, situada no Paseo do Pexegueiro, núm. 6 (antiga Avda. de Mendiño s/n).

CONTACTO
TELF: 986 402664
Correo electrónico: aedl@redondela.gal |  per@redondela.gal
Horario: de luns a xoves, de 09:30 a 13:00 h.