Plan de Emprego PER

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

CENTRO DE FORMACIÓN A MARISMA

Paseo do Pexegueiro nº 6

TELF: 986 402664-986408388-678569225

per@redondela.gal

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPLEO DEL AYUNTAMIENTO DE REDONDELA 2019/20

 

 

 

PLAN DE EMPREGO DO CONCELLO DE REDONDELA (PER) para persoas desempregadas.

QUE É?

É un servizo municipal, público e gratuíto que pon en marcha a Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de Redondela subvencionado en parte pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia.

Consiste na selección dun grupo de persoas desempregadas que participarán de forma activa nun proceso de capacitación e busca do seu propio emprego.

O Plan Integrado de Emprego, a través de deiferentes medidas, promove a estabilidade laboral no traballo e a inserción destas persoas desempregadas do municipio no mercado laboral.

Para este labor diferentes áreas traballan dunha forma coordinada e integral.

QUE SERVIZOS OFRECE?

A.- Para as persoas desempregadas:

Orientación laboral ás persoas usuarias:

Atención personalizada.

Elaboración da diagnose de ocupabilidade.

Deseño de itinerarios personalizados de inserción.

Accións grupais de desenvolvemento persoal, novas tecnoloxías da información e comunicación, formación para o emprego e técnicas activas de busca de emprego.

Asesoramento e apoio na busca activa de emprego por conta propia e por conta allea

Formación

Inserción laboral orientado ás empresas do noso entorno.

Coñecemento das necesidades de persoal do tecido empresarial.

Axustar a formación das persoas participantes no PER ás necesidades das empresas.

Creación dunha rede estable de interrelación entre o concello e as empresas

Tramitación de ofertas de emprego

Realización de Convenios de Colaboración en prácticas

Remisión de autocandidaturas


B.- Para as empresas:

Preselección de candidatos/as para ofertas de emprego.

Formación Específica: accións de formación a medida, negociada directamente coas empresas e financiada polo Plan Integral de Emprego sempre que exista un compromiso de contratación.

Prácticas Formativas: posta a disposición de persoas axustadas ao perfil demandado para a realización de prácticas non laborais na propia empresa, coa posibilidade de que se inserten laboralmente.

Información e Asesoramento: apoio e información sobre as subvencións e incentivos á contratación e de todas as medidas de fomento de emprego.

PARA QUEN?

Este plan oriéntase a un grupo de persoas desempregadas que estean dispostas a implicarse dunha forma activa nun proceso de capacitación e busca de emprego derivadas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

CANDO?

Depende das convocatorias anuais da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ONDE FACER A SOLICITUDE?

As persoas interesadas deben indicalo na súa oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.