Rande

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A batalla de Rande ou batalla de Vigo foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e dentro da enseada de San Simón(onde se sitúa agora a Ponte de Rande), no interior da Ría de Vigo, en Galicia . Produciuse o 23 de outubro de 1702 e enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, no contexto da Guerra de Sucesión Española.

Curiosamente, Xullo Verne localizou no escenario desta batalla a fonte de aprovisionamento de ouro do Nautilus na súa novela 20.000 leguas de viaxe submarina. Como resultado da vitoria inglesa, Vigo deu nome a unha rúa en Londres, coñecida como Vigo Street.