Rede de Tecnicos de Emprego

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

CENTRO DE FORMACIÓN A MARISMA

Paseo do Pexegueiro nº 6,

TELF: 986 402664

aedl@redondela.gal

 



ASESORAMENTO A PERSOAS EMPRENDEDORAS.

 

QUÉ É?

 
É un servizo público e gratuito de asesoramento e información, subvencionado en parte pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Pretende potenciar as iniciativas empresariais no Concello que orixinen novos postos de traballo.

 

QUÉ SERVIZOS?

 
Detección de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de desenvolvemento económico do territorio.

Asesoramento e apoio para a creación de empresas:

.- Análise da idea inicial e información.

.- Apoio na elaboración do proxecto empresarial.

.- Axuda na tramitación e constitución da empresa.

Información sobre axudas e liñas de financiamento para os emprendedores.

Información sobre Axudas á creación de emprego por conta allea.

 
PARA QUEN?

Dirixido ás persoas que teñen unha iniciativa empresarial e queren crear unha empresa no Concello.

 
CANDO?

O servizo de asesoramento a emprendedores/as do Concello de Redondela está en funcionamento todo o ano con cita previa.