Redondela Emprega

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

CENTRO DE FORMACIÓN A MARISMA

Paseo do Pexegueiro nº 6,

TELF: 986 402664

aedl@redondela.gal

BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO

Para inscricións novas na BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO:

Deberán contactar por teléfono: 986 402 664 ( 9:00 a 14:00 horas), ou por mail:aedl@redondela.gal

para concretar a forma de inscrición. Priorizarase a inscrición de forma telemática.


Para actualizacións de cv na BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO:

• Enviarase o cv actualizado, en pdf, ao mail:

aedl@redondela.gal

Para outras consultas: 986 402 664 ( 9:00 a 14:00 horas)

 

QUÉ É?

É un servizo municipal, público e gratuíto de busca activa de emprego.

 
QUÉ SERVIZOS?

 
A.- Para as persoas desempregadas:

 
Rexistro das persoas demandantes na bolsa de emprego, despois de manter unha entrevista na que se detecten as súas condicións de ocupabilidade.

Información sobre distintos aspectos relacionados co emprego.

Tramitación de ofertas de emprego.

Recollida no taboleiro do servizo de boletins de emprego, convocatórias públicas relacionados con políticas activas de emprego, etc..

 

B.- Para as empresas:


Preselección de candidatos/as para ofertas de emprego.

Prácticas Formativas: posta a disposición de persoas axustadas ao perfil demandado para a realización de prácticas non laborais na propia empresa, coa posibilidade de que se inserten laboralmente.


PARA QUEN?

Dirixido ás persoas empadroadas que buscan emprego ou queren mellorar a súa situación profesional.

Dirixido ás empresas que buscan candidatos para os seus postos de traballo.


¿CANDO?

Para inscricións: solicitarase cita previa, ben presencialmente nas instalacións, ben telefónicamente (986402664) ou por email (aedl@redondela.gal)

Para modificacións, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas na oficina ou no enderezo electrónico: aedl@redondela.gal