POLITICA DE XESTION DOCUMENTAL E ARQUIVO

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

POLÍTICA DE XESTIÓN DOCUMENTAL E DE ARQUIVO 

A política de xestión documental e arquivo do Arquivo do Concello de Redondela ríxese plenamente pola normativa aplicable, específica ós Arquivos administrativos de Galicia e xerais ás Administracións Públicas:


LEI 7/2014, do 26 de setembro de Arquivos e documentos de Galicia: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20141007/AnuncioC3B0-021014-0001_gl.html

LEI 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. https://www.boe.es/buscar/pdf/2015/BOE-A-2015-10565-consolidado.pdf

LEI 40/2015 de 1 de outubro de Réximen Xurñidico do Séctor Público: https://www.boe.es/buscar/pdf/2015/BOE-A-2015-10566-consolidado.pdf

 

Así coma polas normas de descripción arquivística:


NOGADA Norma Galega de descripción Arquivística: http://arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo-de-galicia/resources/downloads/NOGADA_castellano.pdf

ISAD (G) Norma Internacional General de la descripción Archivística: https://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/dms/mecd/cultura-mecd/areas-cultura/archivos/recursos-profesionales/normas-archivisticas/isad.pdf

ISAAR (CPF) Norma internacional sobre los registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias https://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/dms/mecd/cultura-mecd/areas-cultura/archivos/recursos-profesionales/normas-archivisticas/isaar.pdf

ISDIAH Norma internacional para describir instituciones que custodian fondos de Archivo:https://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/dms/mecd/cultura-mecd/areas-cultura/archivos/recursos-profesionales/normas-archivisticas/ISDIAH_ESP.pdf 

REGLAS E PROCEDEMENTOS VIXENTES PARA A ELIMINACIÓN DE DOCUMENTOS

A raíz da Lei 7/2014 créase en Galicia o Consello de Avaliación Documental de Galicia, regulado no 2016 mediante o Decreto 15/2016

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160219/AnuncioG0164-150216-0001_gl.html

Este Consello realiza o traballo previo cara a unha futura lexislación en materia de valoración selección e posibles expurgos da documentación administrativa. O Arquivo do Concello de Redondela está integrado no grupo de traballo provincial de dito Conselllo, axudando na valoración xenérica de series documentais, da temporalización destes posibles expurgos.

Ante a ausencia actual dunha normativa específica en relación ó expurgo ou eliminación de documentación administrativa, a única eliminación levada a cabo no Arquivo do Concello de Redodnela foi a dos duplicados, fotocopias dun orixinal conservado, ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. Deixando dentro de cada expediente, en todo caso, constancia escrita da existencia orixinal da documentación duplicada, das razóns do expurgo e do expurgo en sí.

Esta é a razón de que a día de hoxe, no Arquivo do Concello de Redondela, se conserven o 98% da documentación transferida e o 100% da documentación xa arquivada.