Roteiros pola natureza

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Sendeiro das Greas

Este sendeiro é o máis longo de Galicia e está dividido en 28 tramos que pasan por 11 municipios.

Greas de cabalos salvaxes, que aínda poden ser vistos nalgunhas seccións do roteiro son os que dan nome ao camiño. Estes rabaños e o famoso festival coñecido como Rapa das Bestas son parte da historia destas montañas desde tempos inmemoriais.

A característica que mellor define este camiño é a riqueza e a diversidade de paisaxes que van de camiños forestais, predominantemente, a paisaxe agrícola da chaira e inclusive nalgunhas seccións hai vistas ao mar da ría de Vigo.

Pódense atopar sitios de valor natural especial como Ribeiras do Louro, afloramentos graníticos con formas extravagantes como “O Pianista” e vizosas carballeiras totalmente autóctonas.

En canto ao patrimonio arquitectónico e etnográfico, debemos mencionar a necrópole megalítica de Monte Penide, o Castro Chandebrito ou Monte da Cidade, e vestixios arqueolóxicos do Neolítico, como dolmens e megalitos que deixa o descuberto para o camiñante o paso deste roteiro.

En total está composta por 247 quilómetros, incluíndo as súas variantes.

A senda principal é de 206 km e variantes.

Ruta das Pedras

Trátase dun roteiro de sendeirismo circular de 10 km, cunha duración aproximada de tres horas e dificultade media.  Situada na parroquia de Ventosela, comeza e remata na Casa Cultural, pasando pola Igrexa parroquial e sempre en ascenso, ata a Pedra Taió, o punto máis alto do camiño, dende o que poderemos ollar unhas fermosas vistas sobre a Ría de Vigo.

Polo camiño atoparemos varias fontes de formacións rochosas cunha morfoloxía moi peculiar:

Conxunto rupestre da Pedreira: está formado por seis estacións de gravados con múltiples petróglifos, os cales destacan polas escenas ecuestres, así como polo tamaño e número de gravados de círculos concéntricos, considerados os máis importantes do sur da provincia.

Pedras Agudas: grupo de rochas con características xeomorfolóxicas moi particulares que fan que sexan especialmente consideradas no folclore da parroquia, xa que se asocian con varias lendas.

A Laxe das Abellas: formacións rochosas graníticas lisas de gran tamaño e en pendente das que brota auga do seu interior, procedente da montaña e da cabeceira de diversos regatos. Trátase dunha zona de beleza singular, onde as grandes rochas semellan chegar ao ceo. As lendas contan que os cumes das mesmas estaban cheos de abellas.

A Pedra Taió: un dous lugares máis máxicos da parroquia, tanto pola especial formación rochosa natural que simula un refuxio, como pola enigmática orixe e significado da propia denominación. Ao seu redor coñécense numerosas lendas sobre mouros e tesouros. É un lugar de obrigada visita tanto polo seu valor pétreo como polas espléndidas vistas sobre a Ría de Vigo e a vila de Redondela, xa que ocupa unha atalaia natural.

A Pedra que Fala: considerada como máxica en Ventosela, a súa forma e o seu relevo permiten introducirse dentro dela e falar no seu interior, escoitando as múltiples reverberacións que produce a nosa voz. Mesmo estando preto dela é capaz de reproducir as conversas de quen fala ao seu lado.

A Pedra Erosionada: pedra de curiosa formación, a causa da peculiar erosión da auga e o vento que esculpiron múltiples fendas.

Senda da auga

O Camiño da auga de Redondela correspóndese cun camiño accesorio á canle que transportaba auga desde o Encoro de Eiras (Concello de Fornelos de Montes) para abastecer a cidade de Vigo. A condución da auga atravesa os concellos de Fornelos de Montes, Soutomaior, Pazos de Borbén e Redondela antes de chegar a Vigo. En Redondela,que é o tramo que eu fixen,percorre un total de 23 Km., polas parroquias de Chapela, Trasmañó, Cedeira, Negros, Cabeiro, Vilar de Infesta, Saxamonde, Quintela e Reboreda.

Esta ruta ten un gran valor ecolóxico e natural e o seu percorrido móstranos infinidade de paisaxes: desde as terras de cultivo e núcleos poboados, ata zonas de bosque con distinta composición (piñeirais, robledas, eucaliptos e bosque rupícola asociado aos regatos).

Ao ser un camiño asociado a unha tubaxe de tan longo percorrido ten unha característica que o fai único: case non ten pendente, polo que o poden gozar todo tipo de persoas para pasear,andar en bicicleta,correr,monociclear e tambien persoas con mobilidade reducida.
Toda a ruta esta moi ben sinalizada,o que fai imposible perderse,hai sitios preparados para facer un descanso con mesas,fontes,bancos etc e predomina bastante a sombra,o que fai que sexa unha ruta moi concorrida en veran.

Camiño da franqueira

O sendeiro inclúe o tradicional roteiro de peregrinación ao Santuario de Nosa Señora da Franqueira, na Cañiza. Dende Redondela  segue por Cepeda, Frades e Mondariz, ata as montañas da Franqueira, lugar onde se atopa o máis importante santuario mariano da provincia de Pontevedra. Este é un itinerario rural de outeiros e vales, bosques e ríos, costumes, tradicións e persoas agradables.