5. Perfil do Contratante

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

             

 

Difúndese este perfil do contratante do Concello de Redondela, a través da súa páxina Web institucional, co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e de cumprir co disposto no art. 53 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Este perfil do contratante incluirá todos os datos e informacións do ámbito da contratación pública, para facer máis fluídas e transparentes as relacións entre os órganos de contratación e os operadores económicos, tales como anuncios de información previa, licitacións abertas ou en curso e a documentación relativa ás mesmas, as contratacións programadas, os contratos adxudicados, os procedementos anulados e calquera outra información útil, puntos de contacto, medios de comunicación que poden utilizarse para relacionarse co órgano de contratación ou unidade xestora, proxectos, pregos, modelos de ofertas, anuncios, datas de publicacións de anuncios, correccións, mesas de contratación, adxudicacións provisionais, adxudicacións definitivas etc.