Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerUEedusi2020

 BannerArquivoAudiovisual2017

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerPaulinaSanchez2017

BANNERobradoiroRedemprega2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

ACTIVIDADES BANDEIRA AZUL 2017

BannerACTIVIDADESMedioAmbiente Nov2017

 

Este fin de semana o Concello de Redondela, por medio da concellería de medioambiente, ten preparadas dúas actividades de educación ambiental gratuitas ao público en xeral.

A primeira delas sairá dende o porto de Cesantes o sábado día 2 ás 10:30 h ata 13:30 h. Estará orientada a coñecer e comprender o funcionamento dun sistema dunar e as súas repercusións ambientais. Falarase das pradeiras de Zostera e fomentarase a concienciación de protexer estes ecosistemas tan ameazados pola contaminación nas zonas costeiras. Contarase coa colaboración de Faia Educación Ambiental.

A segunda actividade, domingo día 3 de 10:30 h ata 13:30h, consistirá nunha saída fotográfica de aves e natureza que se desenvolverá na ensenada de san Simón e Soutoxuste. Contará cunha parte teórica e outra práctica. O punto de encontro será no multiusos da Xunqueira. O obxectivo é o recoñecemento de especies por medio da fotografía no entorno dun espazo natural protexido polas figuras ZEC (Zona de Especial Conservación) e ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). Será preciso levar cámara fotográfica. Contarase coa colaboración de Ecotono.

As persoas que queiran participar nas actividades poderán anotarse chamando ao Concello no número 986400300, enviando un Whatssap ao 698142025 ou mediante correo electrónico á dirección: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. . As prazas son limitadas.

AVISO:

Para tódalas actividades se recomenda levar un calzado cómodo e apto para zonas húmidas.

En función da climatoloxía podería ser necesario modificar datas.

 

 ACTIVIDADES MedioAmbienteNov2017