O punto limpo móbil é un espazo que percorre as diferentes parroquias cuns horarios e puntos prefixados, co fin de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.
Este é un servizo gratuíto de recollida para particulares do Concello de Redondela.
¿QUÉ RESIDUOS PODO TIRAR?
Aceite de cociña usado embotellado
Tóner impresora
Radiografías
Lámpadas e fluorescentes
Cd / Dvd
Cápsulas de café
Cargadores e auriculares
Pilas e baterías
Material de escritura
Móbiles e tabletas
Pequenos electrodomésticos
Material informático
Aerosois e envases de pintura
Plásticos (non envases) e xoguetes
Xoguetes con elementos mecánicos ou electrónicos
Textil
Lembra!
Está prohibido depositar residuos fóra do punto limpo móbil.
Debemos lembrar que para outro tipo de residuos máis voluminosos contamos xa cun servizo de recollida porta a porta, é tan sinxelo como contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 h. e se lle informará do día e lugar no que pode depositar estes residuos.
PARA MAIS INFORMACIÓN
986 388 111 De luns a sábado, de 9h a 14h.
DATAS E UBICACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL
Diante da Casa Consistorial, do 24 de xuño ao 7 de xullo
A semana do 8 ao 14 de xullo en Chapela. Aparcadoiro da rúa Manuel Rodríguez Casal.