Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Redondela celebra o Día das Bibliotecas

– Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. O Concello festexa esta data tan especial nas Bibliotecas Valle Inclán de Redondela, e Xela Arias de Chapela. O obxectivo, como cada ano, é que as persoas usuarias destes servizos municipais, e tamén os veciños e veciñas da contorna, “aprecien, valoren, usen e reivindiquen as bibliotecas”.
– A alcaldesa, Digna Rivas anima a toda a veciñaza a visitar as bibliotecas municipais hoxe e ao longo de todo o ano, “porque son moitas e moi interesantes as propostas que ofrecen tanto en literatura para todos os públicos como no catálogo audiovisual, e sempre co asesoramento do persoal das bibliotecas que fai un gran traballo para que a experiencia dos usuarios e usuarias sexa a mellor”.

Cada 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. O Concello festexa esta data tan especial nas Bibliotecas Valle Inclán de Redondela, e Xela Arias de Chapela. O obxectivo, como cada ano, é que as persoas usuarias destes servizos municipais, e tamén os veciños e veciñas da contorna, “aprecien, valoren, usen e reivindiquen as bibliotecas”. A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, e a alcaldesa Digna Rivas, compartiron hoxe coa responsable das Bibliotecas Municipais, María Elena Becerra, esta xornada de festa. Durante estes días os préstamos nas bibliotecas levarán un pequeno agasallo. As persoas que usen este servizo no mostrador levarán como obsequio un orixinal marcapáxinas, deseñado especialmente para esta conmemoración polo persoal do Obradoiro de Emprego de deseño gráfico do Concello de Redondela. Outra proposta son “Os libros orfos”, exemplares que buscan lector(a)s, que buscan ser apadriñados. Explica María Elena Becerra que se trata de libros “bos e interesantes, que case ninguén leva prestados, e aos que queremos darlle unha segunda oportunidade”. Rivas animou a toda a veciñaza a visitar as bibliotecas municipais hoxe e ao longo de todo o ano, “porque son moitas e moi interesantes as propostas que ofrecen tanto en literatura para todos os públicos como no catálogo audiovisual, e sempre co asesoramento do persoal das bibliotecas que fai un gran traballo para que a experiencia dos usuarios e usuarias sexa a mellor”. Desde o Concello agradecen tamén a colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso pola súa colaboración voas bibliotecas municipais con doazóns e a realización de obradoiros e contacontos, entre outras actividades.

Lecturas polo Días das Escritoras

Neste mes de outubro celebrouse tamén o Día das Escritoras, unha xornada para visibilizar o traballo das mulleres que escribiron ao longo da historia. As bibliotecas municipais de Redondela sumáronse a esta proposta xunto bibliotecas dos institutos do municipio e a Radio Municipal, que retransmitiu os textos seleccionados pola Biblioteca Nacional de España para este evento. Participou o persoal das bibliotecas e alumnado dos centros IES Pedro Floriani , IES Mendiño , IES Illa de San Simón, IES Chapela e Colegio Vigo e das bibliotecas municipais de Redondela. O Día das Escritoras, que se celebra o 14 de outubro, é unha iniciativa organizada pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e Clásicas y Modernas, unha asociación que traballa pola igualdade de homes e mulleres no eido da cultura. Nesta ligazón pode accederse a todas as gravacións: https://redondela.gal/…/dia-das-escritoras-2024-voces…/

Compartir