audioguía archivos - Concello de Redondela

Redondela moderniza a súa oferta turística cunha nova aplicación web con xeolocalización e audioguías
– A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Turismo, Rita Pérez, destacaron que esta ferramenta é un gran escaparate para Redondela, que pon en valor o patrimonio do municipio. “O obxectivo é ofrecer aos visitantes unha experiencia máis accesible, moderna e completa para descubrir os tesouros de Redondela”, sinala Rivas.

– A aplicación web turismoredondela.com conta cun deseño intuitivo e adaptado a dispositivos móbiles. Para facilitar o acceso o Concello instalou códigos QR en lugares estratéxicos de paso de visitantes e peregrinos como a praza da Constitucións, praza de Ponteareas, Paseo da Xunqueira ou praza da Alfóndiga.

O Concello de Redondela presenta a súa nova aplicación web: turismoredondela.com. Con esta nova ferramenta o municipio dá un paso estratéxico na dixitalización do seu sector turístico, co obxectivo de ofrecer aos visitantes unha experiencia “máis accesible, moderna e completa para descubrir os tesouros do municipio”, explica a alcaldesa, Digna Rivas. A principal novidade desta plataforma é a integración dun sistema de xeolocalización. Cun deseño intuitivo e adaptado a dispositivos móbiles, a web ofrece contidos para cada recurso turístico. Con esta funcionalidade, “os visitantes poden situarse en tempo real no mapa e acceder de xeito rápido co seu móbil aos puntos de interese máis próximos, optimizando así os seus desprazamentos e facilitando o descubrimento de recunchos menos coñecidos”. Entre os puntos de interese o visitante pode atopar información sobre o Convento de Vilavella, os emblemáticos viadutos, o Cemiterio dos Eidos, a Illa de San Simón, Museo Meirande e miradoiros como o Peneda.

O desenvolvemento técnico e creativo da aplicación web foi realizado por unha empresa redondelá. Rivas subliña a importancia desta colaboración, xa que con este proxecto “non só modernizamos a nosa imaxe exterior, senón que poñemos en valor o talento local que garante unha sensibilidade especial cara ao noso patrimonio e demostra a calidade profesional que temos na nosa vila”.

Para facilitar o acceso á nova plataforma instaláronse paneis con códigos QR en lugares estratéxicos de paso de visitantes e peregrinos (praza da Constitución, na entrada á vila por rúa Muro, Paseo da Xunqueira, praza da Alfóndiga e estrada N-550 na entrada á vila polo Camiño Portugués da Costa). A alcaldesa e a concelleira de Turismo, Rita Pérez, visitaron un dos puntos informativos con Tito Pardo, creador da plataforma. Rivas explicou que coa implementación da xeolocalización e as audioguías “poñemos ao alcance de quen nos visita todo o patrimonios cultural e natural”. Os turistas e peregrinos poden situarse en tempo real e acceder aos puntos de interese co móbil “de xeito rápido e sinxelo”. Todos os recursos contan con información en formato escrito e audio, e os usuarios poden escoller entre tres idiomas: galego, castelán e inglés, reforzando a proxección internacional de Redondela.

Con este lanzamento, o Concello reafirma o seu compromiso co turismo sostible e de calidade. “Poñemos as novas tecnoloxías e o talento local ao servizo da promoción turística e a posta en valor do patrimonio redondelán”, conclúe a alcaldesa.

La entrada Redondela moderniza a súa oferta turística cunha nova aplicación web con xeolocalización e audioguías se publicó primero en Concello de Redondela.