casco histórico archivos - Concello de Redondela

As rúas do casco histórico soportan máis de 2.500 vehículos ao día
– As cámaras para o control de tráfico instaladas polo Concello no casco histórico da vila rexistraron un total de 50.979 vehículos en 20 días. Entre todos os vehículos que circulan por esta zona restrinxida detectáronse 9.247 matrículas diferentes. A cifra é moi superior ao volume de residentes estimado na casco histórico.

– Os dispositivos instaláronse na praza da Constitución, rúa Prata, Pai Crespo e Campo das Redes para verificar que só circulan os coches autorizados. O acceso está permitido para os residentes do casco histórico, e tamén poden circular os servizos públicos e emerxencias, ademais das operacións de carga e descarga.

O Concello de Redondela traballa na reordenación do tráfico no casco histórico da vila. A restrición do tráfico nesta zona busca “mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños e veciñas, fomentar a sostibilidade e preservar o patrimonio histórico”. De feito, as restricións de tráfico comezaron xa en 2012, pero ata o de agora o sistema presentaba moitas eivas. Os incumprimentos das limitacións no caso histórico son moi frecuentes, o que supón un grave prexuízo para o patrimonio e unha inseguridade para os peóns. Limitar o tráfico de xeito eficiente permitirá reducir a contaminación e o ruído.

Para facer do casco histórico unha zona máis accesible e segura instaláronse cámaras de control do tráfico, ás que teñen acceso os corpos e forzas de seguridade. Para unha xestión máis eficiente da circulación as cámaras están situadas nos puntos do casco vello que recomendou o estudo da Policía Local: praza da Constitución, rúa Prata, rúa Pai Crespo e Campo das Redes. Os dispositivos identifican as matrículas dos vehículos para verificar que só circulan os que están autorizados. Nos primeiros vinte días de funcionamento rexistraron case 51.000 vehículos (50.979), o que fai unha media de 2.500 coches ao día. Desde o Concello de Redondela advirten que “este elevado volume de tráfico resulta incompatible coa conservación do patrimonio e a seguridade da veciñanza e dos peóns”.

Entre todos os vehículos que circularon por esta zona restrinxida no prazo de vinte días detectáronse 9.247 matrículas diferentes. A cifra é moi superior ao volume de residentes estimado na casco histórico.

Nun principio as cámaras están a funcionar en probas. Previamente á súa entrada oficial en funcionamento, informarase á cidadanía. Con estas medidas evitarase que moitos condutores utilicen a praza da Constitución como un “atallo” polo corazón da vila. Deste xeito reducirase o tráfico non só no casco vello, senón tamén na rúa Baixada da Estación e Alfonso XII. O acceso está permitido para os residentes e propietarios de inmobles no casco histórico. Do mesmo xeito poden circular os vehículos de servizos públicos e emerxencias, así como as operacións de carga e descarga. Desde o Concello sinalan que este novo sistema evitará que as persoas non residentes circulen polo casco histórico, o que reducirá dun xeito moi significativo o tráfico. As cámaras servirán para previr o estacionamento indebido e axudarán a que as rúas sexan máis seguras. Os dispositivos terán tamén un efecto disuasorio ante actos incívicos que ocasionan molestias aos residentes. No caso de áreas delicadas, as cámaras axudarán a protexelas e, no caso de rexistrarse algún problema, a axuda chegará antes xa que están conectadas á policía.

La entrada As rúas do casco histórico soportan máis de 2.500 vehículos ao día se publicó primero en Concello de Redondela.

O Concello analiza o volume tráfico no casco histórico cun sistema de cámaras en probas
– O Concello de Redondela traballa na reordenación do tráfico no casco histórico da vila. Xa se instalaron cámaras para o control dos vehículos na praza da Constitución, rúa Prata, Pai Crespo e Campo das Redes. O obxectivo nesta primeira fase é avaliar o tráfico que circula pola zona. Posteriormente as cámaras servirán para verificar que só circulan os coches autorizados.

– As restricións de tráfico no casco histórico comezaron en 2012, pero ata o de agora o sistema presentaba moitas eivas. Os incumprimentos nas limitacións dos vehículos son moi frecuentes, o que supón un grave prexuízo para o patrimonio e tamén moita inseguridade para os peóns. As cámaras van previr os estacionamentos indebidos e axudarán a que as rúas sexan máis seguras.

O Concello de Redondela traballa na reordenación do tráfico no casco histórico da vila que busca “mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños e veciñas, fomentar a sostibilidade e preservar o patrimonio histórico”. As restricións de tráfico no casco histórico comezaron xa en 2012, pero ata o de agora o sistema presentaba moitas eivas. Os incumprimentos das limitacións establecidas son moi frecuentes, “o que supón un grave prexuízo para o patrimonio e unha inseguridade para os peóns”, sinalan desde o Concello.

Para facer do casco histórico unha zona máis accesible e segura instaláronse cámaras de control do tráfico, ás que só teñen acceso os corpos e forzas de seguridade. Os visores están nos puntos do casco vello recomendados no estudo realizado pola Policía Local: praza da Constitución, na rúa Prata, rúa Pai Crespo e rúa Campo das Redes. Nesta primeira fase as cámaras só funcionan en probas, para monitorear e cuantificar o tráfico que circula por estas rúas. Posteriormente as cámaras de tráfico servirán para verificar que só circulan polo caso histórico os vehículos autorizados, xa que identificarán as matrículas. Antes de que a o sistema de control por cámaras entre oficialmente en funcionamento, desde o Concello informarase á cidadanía con detalle do seu funcionamento e das restricións no acceso ao casco histórico.

Desde o Concello sinalan que este novo sistema evitará que as persoas non residentes circulen polo casco histórico, o que reducirá dun xeito moi significativo o tráfico. As cámaras servirán para previr o estacionamento indebido e axudarán a que as rúas sexan máis seguras. Os dispositivos terán tamén un efecto disuasorio ante actos incívicos e de vandalismo que ocasionan molestias aos residentes. No caso de áreas delicadas, as cámaras axudarán a protexelas e, no caso de rexistrarse algún problema, a axuda chegará antes, xa que estarán conectadas á policía.

La entrada O Concello analiza o volume tráfico no casco histórico cun sistema de cámaras en probas se publicó primero en Concello de Redondela.

Redondela presenta o plan para facer peonil o casco histórico
– A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, fomentar a sustentabilidade e preservar o patrimonio histórico”. O acceso estará permitido para os residentes, os vehículos de servizos públicos e as operacións de carga e descarga para o comercio.

O Concello de Redondela traballa na peonalización das rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral. A restrición do tráfico nestas rúas do caso histórico busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, fomentar a sustentabilidade e preservar o patrimonio histórico”. O acceso estará permitido para os residentes destas rúas, que contarán cun sistema de identificación. Tamén poderán circular os vehículos de servizos públicos e permitiranse as operacións de carga e descarga para o comercio. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que peonalizar estas rúas é imprescindible “para reducir a contaminación, mellorar a seguridade dos peóns e preservar o patrimonio histórico”. Este cambio vai reducir o risco de accidentes de tráfico nunha zona moi transitada e que forma parte do Camiño de Santiago. Por estas rúas pasan a diario non só os residente senón tamén milleiros de peregrinos e, malia que existe un semáforo, o tránsito non é seguro para os peóns.

Os concelleiros Rita Pérez, Roberto Villar e Antonio Cabaleiro celebraron unha reunión cos comerciantes destas rúas, aos que se informou do plan de ordenación para esta peonalización. A medida que se vaia avanzando no proceso irase dando conta tanto aos residentes como aos negocios de toda a información. A alcaldesa lembra que as restricións de tráfico no casco histórico comezaron xa en 2012, pero o sistema tiña moitas eivas. “Agora o plan para facer peonís estas rúas contémplase de xeito integral, con todas as garantías e cámaras de seguridade”, sinala Rivas.

A medida que vai adoptar o Concello de Redondela vai na mesma liña que desde hai anos seguen outros municipios da contorna con cascos históricos, como Cangas, Vigo, O Porriño, Baiona ou Tui. “Preservar o patrimonio histórico e dar prioridade aos peóns sobre os vehículos é fundamental para un futuro máis sustentable e respectuoso, e vai mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas”, afirma a alcaldesa. Este cambio “non só é compatible coa actividade económica, senón que está demostrado que onde as rúas son peonís medran os negocios comerciais e de hostalería”. Digna Rivas explica tamén que “adaptar o casco histórico e promover unha mobilidade peonil permitirá ao Concello optar a máis axudas, subvencións e fondos europeos dirixidos a promover hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e o patrimonio”.

La entrada Redondela presenta o plan para facer peonil o casco histórico se publicó primero en Concello de Redondela.