Hostalaría archivos - Concello de Redondela

Ensino, deporte e comercio promoven o galego entre a rapazada “Unha semaniña enteira”
A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Alverto Álvarez, na presentación da campaña “Unha semaniña enteira” no IES Chapela

– Centros de ensino, Anpas, clubs deportivos, asociacións, comercio e bibliotecas, entre outros colectivos, súmanse ao reto “Unha semaniña enteira” para promover o uso do galego entre a mocidade na semana que celebramos o Día de Rosalía.

– A alcaldesa, Digna Rivas, presentou a campaña no IES Chapela xunto con membros de centros de ensino participantes, a Asociación de Empresas, clubs e Escola de Música de Chapela. A programación contará con teatro, concertos, conferencias e charlas para a promoción da lingua galega.

O IES Chapela acolleu onte a presentación dos actos vencellados á celebración do Día de Rosalía. Un ano máis ponse en marcha o reto “Unha semaniña enteira”, unha iniciativa impulsada polos institutos de Redondela á que se suma o Concello de Redondela e cada vez máis sectores da sociedade. Este reto promove o uso do galego oral durante as 24 horas do día, os sete días da semana, do 20 ao 27 de febreiro. Participa toda a comunidade educativa do municipio, tanto centros de Infantil como de Primaria e Secundaria. Para arroupar esta campaña o Concello distribuirá 3.500 chapas feitas pola Asociación Lenda de Saúde Mental, colectivo ao que Rivas agradeceu “a súa implicación dende o inicio e o seu compromiso co idioma”. Como en edicións anteriores é tamén moi significativa a participación dos clubs deportivos, que promoverán o uso do galego oral para darlle continuidade á campaña “xa que moitos alumnos e alumnas practican algún deporte nos equipos locais”. As Bibliotecas Municipais e a Escola de Música de Chapela súmanse tamén ao reto.

Participación do comercio e a hostalaría

A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que desde o Concello o obxectivo foi sempre implicar nesta campaña a distintos sectores da sociedade. Nesta ocasión deuse un impulso ao galego no comercio, coa colaboración da Asociación de Empresas. Repartiranse 1.000 bolsas de papel co logo de Rosalía destinadas aos establecementos de Chapela, e tamén marcapáxinas e unha camelia. Durante toda a semana, a hostalaría participante ofrecerá pratos relacionados con Rosalía, a súa obra ou inspirados na súa literatura. Os comensais que acudan a estes establecementos poderán optar a un sorteo do libro “Rosalía e a cociña”. Rivas agradeceu a implicación de todos os colectivos neste reto “par fomentar entre todos e todas o uso do galego entre a infancia e a mocidade”.

La entrada Ensino, deporte e comercio promoven o galego entre a rapazada “Unha semaniña enteira” se publicó primero en Concello de Redondela.

Redondela, pioneira na reciclaxe de tapóns co proxecto Re-Cortiza
– O obxectivo da campaña é promover a reciclaxe dos tapóns de cortiza das botellas, polo que desde o Concello faise un chamamento aos establecementos de hostalaría para que participen “xa que é onde máis se xeran este residuo”, sinala Alberto Álvarez.

– O proxecto Re-CORTIZA, en colaboración con Lenda e a empresa Amorim Cork, promove a sostibilidade ambiental e a inclusión social. Serán persoas do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Lenda as encargadas da recollida dos tapóns. Amorim Cork remunerará economicamente a Lenda pola cortiza entregada.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que dirixe Alberto Álvarez, pon en marcha unha campaña para a reciclaxe de tapóns de cortiza. Trátase dunha campaña pioneira en Galicia para promover a sostibilidade ambiental e a inclusión social en colaboración coa asociación de saúde mental Lenda e a empresa Amorim Cork.

O obxectivo do proxecto “Re-CORTIZA” é promover a reciclaxe dos tapóns de cortiza das botellas, polo que desde o Concello faise un chamamento aos establecementos de hostalaría para que participen “xa que é onde máis se xeran este tipo de residuos aos que se lle pode dar unha segunda vida”, sinala Álvarez. A cortiza é un material natural de gran valor con múltiples utilidades unha vez reciclado: na construción como revestimento e illamento, en compoñentes aeronáuticos, para fabricar material deportivo, calzado, complementos, decoración e artesanía, entre outros , moitos usos.

O proxecto promove tamén a inclusión social, xa que serán persoas usuarias do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Lenda as encargadas da recollida de cortizas de botellas en bares, restaurantes e outros establecementos hostaleiros que se sumen á esta campaña. As cortizas recollidas almacenaranse en contedores especiais nun espazo designado polo Concello e, unha vez acumulada unha cantidade significativa, contactarán coa empresa Amorim Cork, líder no sector, que será a encargada da recollida e reciclaxe dos tapóns. Amorim Cork remunerará economicamente a Lenda pola cortiza entregada.

O concelleiro de Medio Ambiente convida aos hostaleiros a colaborar cun simple xesto: gardar os tapóns de cortiza das botellas que se consuman nos establecementos e entregarllas ás persoas de Lenda que pasarán a recollelas de xeito periódico. Coa cooperación dos locais de hostalaría acadaranse importantes obxectivos medioambientais (reducir os residuos que acaban nos vertedoiros, fomentar a economía circular e a conciencia ecolóxica) e tamén obxectivos sociais fundamentais (fomentar a integración social, a cooperación e o traballo en equipo). O edil explica que o proxecto é unha iniciativa “que beneficia a todos”, tanto ao medio ambiente, como aos participantes e á comunidade en xeral.

Nos vindeiros días o departamento de Medio Ambiente e Lenda distribuirán entre bares, restaurantes e outros establecementos que desexen sumarse, uns contedores de cartón da campaña para que os locais participantes depositen os tapóns de cortiza que vaian acumulando. Álvarez confía en contar co apoio dos establecementos do municipio “que teñen demostrado desde sempre un claro compromiso social e medioambiental”.

La entrada Redondela, pioneira na reciclaxe de tapóns co proxecto Re-Cortiza se publicó primero en Concello de Redondela.

O alumnado dos obradoiros de Hostalaría e Deseño Gráfico completa a súa formación
Un total de 16 alumnos e alumnas dos Obradoiros de Emprego de Hostalaría e Deseño Gráfico para a Comunicación recibiron o martes os seus Certificados de Profesionalidade. Logo dun ano de formación teórica e práctica o auditorio da Xunqueira acolleu este mediodía a entrega dos diplomas, un acto no que participou a alcaldesa, Digna Rivas, o concelleiro de Emprego, Antonio Cabaleiro, a Delegada da Xunta, Ana Ortiz, o Director Territorial de Emprego, José Antonio Fachado, e a Directora do Obradoiro, Marita Pintos.

A alcaldesa dirixiuse ao alumnado para agradecerlles “o voso esforzo e compromiso, as gañas de aprender e de superarvos para aproveitar tan ben todo o que as mestras e mestres vos ensinan.”. Rivas tivo tamén palabras de agradecemento para o equipo docente e a directora, “sempre preocupados e ocupados en ofrecerlle ao alumnado a mellor formación posible”. A alcaldesa lembrou que nestes meses de formación e traballo “xa teñen demostrado que son uns grandes profesionais”. O grupo de hostalaría foi o encargado de elaborar e servir os petiscos no evento do Nadal do Concello, tamén prepararon almorzos e merendas para centros de Día e colexios do municipio, e na clausura dos cursos de Maiores encargáronse de cada detalle. Tamén ofreceron receitas orixinais na festa do Choco, entre outras moitas actividades. O alumnado “formou parte activa de diferentes actos organizados polo Concello porque entendemos que así debe ser, dándolle protagonismo ao seu traballo ao mesmo tempo que se forman, e o resultado foi excelente”, sinalou Rivas.

No caso do Obradoiro de Deseño Gráfico para a Comunicación, o alumnado sorprendeu coa súa creatividade. Os calendarios do Concello de Redondela de 2024 e 2025 levan o seu selo, e tamén moitas campañas institucionais e carteis para diferentes actos. Este alumnado foi tamén o encargado de recoller en imaxes, con fotografías e vídeos, o traballo dos seus compañeiros de cociña, e retrataron as parroquias de Redondela con fermosas imaxes que van servir para a promoción deste municipio. “Desde o Concello tentamos que a súa formación como alumnos-traballadores tivese ese achegamento ao mundo real, aos traballos propios do mercado laboral para que a experiencia fose o máis enriquecedora posible”. A alcaldesa desexoulles “moita sorte” tendo en conta que “contades coa formación, as gañas non vos faltan, e estou segura de que tedes por diante un gran futuro profesional”.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade outorgou ao Concello de Redondela unha subvención de 424.836,96 € para a realización destes obradoiros, cofinanciados polo Ministerio de Traballo e o Fondo Social Europeo.

La entrada O alumnado dos obradoiros de Hostalaría e Deseño Gráfico completa a súa formación se publicó primero en Concello de Redondela.