Illa da Memoria archivos - Concello de Redondela

Concello e Iniciativa Galega pola Memoria piden protexer a illa de San Simón como “espazo de memoria”
Foto: Digna Rivas e Montse Fajardo con outros participantes nunhas xornadas en San Simón

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, reuníronse con Montse Fajardo, Guillerme Pérez e Matías da Torre, da Iniciativa Galega pola Memoria. O obxectivo do encontro era abordar diferentes aspectos sobre as necesidades e usos da illa de San Simón. Desde o Concello de Redondela a alcaldesa amosou o seu apoio á liña de traballo da Iniciativa Galega pola Memoria para solicitar ante o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática a declaración da illa de San Simón como un “espazo da memoria”, conforme á Lei de Memoria Democrática. Goberno local e colectivos da memoria coinciden na necesidade de “protexer a illa” para evitar que nela se celebren actividades lucrativas “e que supoñen unha ofensa para a memoria das vítimas”.

A xuntanza serviu tamén para abrir unha vía de traballo para poñer en marcha un Plan de Usos para a illa que se inclúa no PXOM de Redondela. Será o Concello o que o realice “contando co asesoramento da Iniciativa Galega pola Memoria, nos aspectos relacionados coa memoria histórica”.

Digna Rivas trasladoulle aos colectivos memorialísticos a demanda do Concello de Redondela para recuperar a Fundación Illa de San Simón. A alcaldesa entende que a illa de San Simón “precisa dunha fundación propia cunha dotación económica que permita desenvolver actividades na illa”. O Concello de Redondela propón abrir o debate para a recuperación desa Fundación, da que deberían formar parte o propio Concello, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, as tres universidades galegas e os colectivos da memoria. A Xunta de Galicia modificou en 2022 os estatutos da Fundación Museo do Mar de Galicia, o que supuxo que a xestión da illa de San Simón se integrase nesta entidade. O Concello de Redondela solicitou formar parte desta institución, pero desde a Xunta de Galicia “aínda non houbo resposta”, sinala Rivas.

A alcaldesa de Redondela e Iniciativa Galega pola Memoria, da que forman parte 38 asociacións de todo o país, concordaron tamén en que “calquera actividade que se celebre na illa deben ter en conta que se trata dun lugar de memoria histórica, e debe ter algunha vinculación ou mención coa memoria e co tempo que foi a illa foi cárcere”.

La entrada Concello e Iniciativa Galega pola Memoria piden protexer a illa de San Simón como “espazo de memoria” se publicó primero en Concello de Redondela.

Redondela demanda a recuperación da Fundación Illa de San Simón
– A alcaldesa Digna Rivas reclama a participación do Concello de Redondela na Fundación Museo do Mar de Galicia, que integra a xestión da illa de San Simón, para ter “voz e voto nas súas decisións”.

– Rivas demandou tamén a recuperación da Fundación Illa de San Simón, unha entidade “que debe facer seguimento do que sucede na illa, das súas necesidades cara ao futuro, e do programa de actividades, entre outras cuestións”. A fundación foi eliminada na época da crise económica, “pero hoxe ese argumento non é válido fronte ás evidentes necesidades da illa e da súa xestión”, sinala a alcaldesa redondelá.

Co gallo da xornada “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista” celebradas o venres en San Simón, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, puxo en valor o traballo feito desde o Concello redondelán “para manter e divulgar a memoria como un deber democrático”. Lembrou que durante a guerra a vila de Redondela viviu unha gran represión, co cárcere da illa de San Simón como un dos seus símbolos. Rivas repasou o traballo feito polo Concello desde 1986 pola recuperación da memoria histórica, “cando a illa era un lugar abandonado”, coa celebración de xornadas, actividades na illa, a recuperación de documentación, e máis recentemente co monumento aos fusilados no Alto da Concheira ou a declaración de 2021 como ano das Mulleres de San Simón. Ante o claro compromiso do goberno redondelán coa defensa da memoria, a alcaldesa fixo unha protesta pública ante a decisión da Xunta de Galicia de modificar no 2022 os estatutos da Fundación Museo do Mar de Galicia. O cambio supuxo que a xestión da illa de San Simón se integrou nesta entidade. O Concello de Redondela “non foi convidado nin a participar nin a colaborar nin a integrarse. Solicitamos por escrito varias veces a nosa inclusión no Padroado. Non tivemos resposta. Para nós é unha discriminación inxusta e inxustificable. Seguiremos reclamando o noso dereito a formar parte desta entidade e ter voz e voto nas súas decisións”, declarou a alcaldesa.

Rivas demandou tamén a recuperación da Fundación Illa de San Simón, unha entidade “que debe facer seguimento do que sucede na illa, das súas necesidades cara ao futuro, do programa de actividades, dunha correcta sinalización e contextualización máis aló da exposición recollida na illa de Santo Antón”. A fundación foi eliminada na época da crise económica, “pero hoxe ese argumento non é válido fronte ás evidentes necesidades da illa e da súa xestión”, sinala a alcaldesa redondelá. O Concello de Redondela propón abrir o debate para a recuperación desa Fundación, “darlle de novo vida e facela partícipe tanto de institucións como de asociacións e dos expertos académicos. Cremos que isto é algo posible e necesario”.

Rivas aclarou que o Concello de Redondela “non está de acordo con converter a illa nun parque de atraccións nin en promover o lucro de empresas que explotan a nivel turístico o seu valor”. O Concello impulsa visitas á illa a cargo das arcas municipais, “pero pensamos que isto debe ser unha coxestión con outras entidades como a Xunta ou a Deputación para establecer un formato público para facilitar o acceso e as visitas”.

La entrada Redondela demanda a recuperación da Fundación Illa de San Simón se publicó primero en Concello de Redondela.

A illa de San Simón acolle a xornada “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista”
– O Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega organizan esta actividade que se celebra o 4 de outubro na illa. Participan profesionais da historia e das políticas de memoria de diferentes institucións de Galicia, Cataluña e Navarra. A actividade é gratuíta con inscrición previa, as prazas son limitadas.

Nun espazo memorial tan simbólico como é a illa de San Simón, o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela axuntan profesionais da historia e das políticas de memoria de diferentes institucións e puntos de Galicia, así como de Cataluña e Navarra, para debater os aspectos máis prácticos da xestión da memoria, partindo de experiencias concretas e comparativas. A xornada “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista” celebrarase o 4 de outubro e propón reflexionar sobre uso destes lugares e conseguir que sigan vivos na lembranza, como homenaxe ás vítimas e fonte de aprendizaxe para a convivencia democrática no presente e no futuro.

Participarán Xosé M. Núñez Seixas, do Consello da Cultura Galega, Emilio Grandío Seoane, da Universidade de Santiago de Compostela, José Miguel Gastón, do Instituto Navarro de la Memoria e Queralt Solé, da Universitat de Barcelona. Pola tarde celebrarase unha mesa redonda na que intervirán a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto con Manuel Pérez Lorenzo (Pazo de Meirás), Xosé Manuel Suárez (Castelo de San Filipe, Ferrol) e Cristina Fiaño (Exposición O Vello Cárcere, Lugo). Actuará como moderadora Montse Fajardo.

A actividade é gratuíta con inscrición previa, as prazas son limitadas. Máis información e inscricións na páxina web do Consello da Cultura Galega.

La entrada A illa de San Simón acolle a xornada “A xestión dos lugares de memoria da represión franquista” se publicó primero en Concello de Redondela.