infraestruturas archivos - Concello de Redondela

ADIF pavimentará a avenida da Estación cun investimento próximo aos 600.000 euros
– O Concello de Redondela e Adif asinan o convenio para a pavimentación e cesión da Avenida da Estación. O organismo ferroviario investirá máis de 582.000 euros na mellora integral antes de transferir a titularidade ao municipio. A pavimentación abrangue unha superficie de case 6.000 m².

– Digna Rivas salienta que a obra resolve unha demanda veciñal de hai 20 anos polo mal estado do vial. A actuación súmase a outros investimentos millonarias nas infraestruturas ferroviarias de Redondela, coa renovación integral da estación e o novo apeadeiro de Chapela, entre outras melloras.

O Concello de Redondela e Adif pecharon o acordo definitivo para a remodelación integral da Avenida da Estación. A través dun convenio de concesión administrativa, o ente ferroviario asumirá o custe total das obras de pavimentación e adecuación estrutural antes de que o vial pase a ser de titularidade municipal.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitou a estrada xunto ao concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, e o Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada. Rivas destacou a importancia histórica deste convenio: “Damos resposta a unha demanda da veciñanza que levaba máis de 20 anos agardando. A estrada atópase nun estado moi deficiente e era unha prioridade absoluta que Adif asumise a súa reparación antes de entregala ao Concello en perfectas condicións”.

As obras de mellora, que serán executadas pola empresa TRAGSA, contan cun orzamento de 582.268,04 € e un prazo de execución de 3 meses. O proxecto actúa sobre unha superficie de 5.962 m² . O acordo estipula que o Concello asumirá a xestión do vial mediante unha concesión por 75 anos. A entrega oficial non se fará ata que as obras estean rematadas.

Rivas sinala que este compromiso de Adif coa Avenida da Estación non é unha actuación illada, senón que se suma a unha estratexia de modernización integral en Redondela con investimentos que superan os 55 millóns de euros. Entre as principais intervencións destacan a modernización de 7,8 km no tramo Redondela-Bifurcación Arcade para mellorar a fiabilidade da vía. Esta renovación supera os 22,6 millóns. Tamén se renova a conexión con Vigo-Guixar para reforzar o tráfico de viaxeiros e mercadorías cun investimento de 32,7 millóns. Adif mellora os servizos e a accesibilidade na Estación de Redondela. Actualmente están a realizarse as obras cun investimento de 3,3 millóns de euros que inclúe un novo andén central, paso inferior, ascensor e renovación da praza e melloras totais de accesibilidade. A alcaldesa destaca tamén a creación do novo apeadeiro de Chapela cun andén de 220 metro. Deste xeito “recuperamos o transporte ferroviario na parroquia e melloramos a mobilidade da veciñanza tato nas conexións de Chapela con Redondela e Pontevedra como coa cidade de Vigo”.

“Estamos ante o maior esforzo inversor ferroviario da historia de Redondela”, concluíu Digna Rivas, destacando que estas obras non só melloran a seguridade e a capacidade do servizo, senón que garanten unha integración moito máis amable e moderna do tren no noso municipio.

La entrada ADIF pavimentará a avenida da Estación cun investimento próximo aos 600.000 euros se publicó primero en Concello de Redondela.

Redondela renova medio cento de marquesiñas con paneis sobre igualdade, patrimonio e medio ambiente
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, en colaboración coas de Igualdade e Cultura, está a renovar e mellorar medio cento de marquesiñas do municipio, a maioría delas nas parroquias. Operarios municipais están a limpar e pintar estas paradas de autobús, que se embelecen con paneis informativos sobre diferentes temáticas. Trátase de carteis en diferentes soportes sobre igualdade, patrimonio, cultura e medio ambiente, entre outros temas. Son paneis propiedade do Concello, de anteriores campañas dos departamentos de Igualdade, Cultura e Medio Ambiente, e que se atopaban nos almacéns municipais. O concelleiro de Infraestruturas, Roberto Villar, explica que “os carteis corresponden a diferentes épocas, desde os últimos 20 anos, aos que agora damos unha segunda vida e ofrecemos información interesante á veciñanza ao tempo que decoramos as marquesiñas”. Campañas sobre o 8M, personaxes ilustres de Redondela, artistas locais ou paneis con información medioambiental decoran agora estas renovadas marquesiñas.

Evitar o vandalismo

Villar agarda que, con esta nova decoración, se eviten as pintadas e o vandalismo que estraga as paradas de autobús, aínda que recoñece que “non será doado” . Por iso fai un chamamento á cidadanía para que evite publicar nas redes sociais fotografías con graffitis e outro tipo de actos vandálicos “porque xeran un efecto chamada”. Advirte que “o que buscan os autores deste tipo de estrados é protagonismo, e o feito de que se difundan contribúe a que o vandalismo se incremente”. Lembra que as pintadas e outras desfeitas no mobiliario urbano “supoñen para as arcas municipais un gasto de milleiros de euros cada ano”. O edil de Infraestruturas e Sostibilidade lamenta tamén que desde o PP de Redondela “se faga difusión do vandalismo, publicando continuamente nas rúas redes estes actos incívicos sen condenalos, e dándolle publicidade, que é o que buscan os autores”.

Novas marquesiñas na avenida de Redondela

Por outra banda, en toda a avenida de Redondela, en Chapela, substituiranse todas as marquesiñas por unhas novas. As instalacións das paradas do autobús cambiaranse o próximo trimestre.

La entrada Redondela renova medio cento de marquesiñas con paneis sobre igualdade, patrimonio e medio ambiente se publicó primero en Concello de Redondela.