Prevención archivos - Concello de Redondela

Comeza a limpeza da marxe dos ríos para previr inundacións
– O Concello de Redondela pon en marcha a limpeza nas marxes dos ríos para evitar inundacións antes da época de chuvias. A alcaldesa explica que son labores de “prevención” nos tramos urbanos. A alcaldesa confía en que Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta, realice tamén as labores de mantemento e limpeza nos tramos fluviais que lle competen: “Hai que evitar riscos para non ter que lamentar despois graves situacións como as que se deron este verán cos incendios en moitos puntos de Galicia”.

– As labores de limpeza realizaranas brigadas especializadas en xestión ambiental que protexerán as especies autóctonas “sen danar o ecosistema de ribeira”. Os traballos realízanse este mes xa que entre marzo e agosto, ambos incluídos, prescíndese de facer actuacións nos ríos para respectar a época de cría da fauna fluvial.

O Concello de Redondela comeza esta semana a limpeza das marxes dos ríos nos tramos urbanos para evitar inundacións. Farano brigadas especializadas en xestión ambiental en coordinación coa concellaría de Medio Ambiente. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que son labores de “prevención” que se fan desde o Concello para que os cauces estean nas mellores condicións “antes da chegada das chuvias de outono e inverno”. A rexedora sinala a importancia de facer estas tarefas ao longo deste mes. Rivas confía en que desde Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta, se realicen as labores de mantemento necesarias nos ríos que non se fixeron ata o de agora en zonas como Reboreda ou o Viso. “Queremos evitar situacións de risco ou desgrazas como as que provocaron os incendios este verán en moitos lugares de Galicia por falta de previsión”.  O Concello traballa xa nun plan integral de prevención de inundacións.

Os traballos de limpeza realizaranse este mes nos tramos urbanos do Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras ao seu paso por Redondela, así como nos ríos Fondón e Maceiras na parroquia de Chapela. Este ano tamén se actuará na canle do río Pugariño, limítrofe con Vigo, malia que a competencia é da Xunta. Fóra dos tramos urbanos o río é competencia exclusiva de Augas de Galicia.

Protexer un ecosistema sensible

Os traballos realízanse este mes xa que desde marzo ata agosto, ambos incluídos, prescíndese de facer actuacións nos ríos “para preservar este delicado ecosistema e respectar a época de cría de aves e anfibios”. Nas labores de limpeza protéxense as especies autóctonas “sen danar o hábitat e a vexetación de ribeira”. O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, lembra que este ecosistema cumpre un papel “fundamental” para manter vivo o río e a súa fauna.

La entrada Comeza a limpeza da marxe dos ríos para previr inundacións se publicó primero en Concello de Redondela.

Redondela pon en marcha unha Mesa Local de Saúde
– Trátase dun foro de traballo que ten por obxectivo “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas”. Participarán diferentes entidades e colectivos xunto cos profesionais do Centro de Saúde de Redondela e a Rede Galega de Promoción da Saúde para fomentar hábitos de vida saudables entre a cidadanía.

– O concelleiro de Saúde e Medio Ambiente, Alberto Álvarez, fai un chamamento ás entidades do municipio para que se sumen a esta iniciativa, xa que o obxectivo é implicar a asociacións, centros de ensino, clubs deportivos, voluntariado e colectivos de Redondela e das parroquias “para traballar de maneira conxunta e mellorar a saúde no municipio”.

O Concello de Redondela pon en marcha a Mesa Local de Saúde, un foro de traballo multidisciplinar que ten por obxectivo mellorar a calidade de vida da poboación. Desde esta Mesa Local de Saúde, na que participarán diferentes entidades e colectivos, coordinaranse accións entre os distintos sectores implicados para promover hábitos de vida saudables entre a veciñanza de Redondela. A Mesa confórmase como un equipo colaborativo para facer da comunidade un lugar máis saudable.

Na primeira xuntanza de traballo participaron o concelleiro de Saúde e Medio Ambiente, Alberto Álvarez, a Xefa de Servizo do Centro de Saúde de Redondela, Esther López, xunto co Ramón Lagos, Noa Siñuela, Luis Lago e Marta Núñez, persoal sanitario do centro, e Marta Pérez e Iria Martínez, responsables de área da Rede Galega de Promoción da Saúde (Regaps) dependente da Consellería de Sanidade.

O obxectivo é implicar tamén nesta Mesa Local de Saúde a asociacións, centros de ensino, clubs deportivos, voluntariado e colectivos de Redondela e todas as parroquias para traballar de maneira conxunta “co obxectivo de mellorar a saúde no municipio”, indican. Desde o Concello de Redondela faise un chamamento ás entidades do municipio para que se sumen a esta iniciativa.

A Mesa analizará os problemas de saúde da poboación para crear proxectos que melloren o benestar de todos. Actividades de prevención, talleres de saúde, iniciativas sobre hábitos saudables, rutas biosaudables ou actividades para persoas con patoloxías crónicas que melloren a súa calidade de vida son algunhas das propostas.

La entrada Redondela pon en marcha unha Mesa Local de Saúde se publicó primero en Concello de Redondela.

Redondela pon en marcha unha campaña de información e prevención ante as picaduras de insectos
– A concellería de Sanidade e Medio Ambiente, que dirixe Pilar Martínez, pon en marcha unha campaña de información para previr o risco das mordeduras de carrachas. Lembra aos donos de fincas que deben mantelas limpas, e aos propietarios de animais de compañía que teñen a obriga de mantelos en bo estado de saúde.

– Os protocolos de actuación do Sergas e o Ministerio de Sanidade distribuiranse nos centros de ensino, centros de día, asociación e outros colectivos.

– Para minimizar os riscos de proliferación do mosquito tigre é importante retirar do exterior todos os obxectos que poidan acumular auga (pratos de testos, cinceiros, cubos, xoguetes) ou darlles a volta para evitar que se enchan con auga de choiva.

Coa chegada do bo tempo proliferan os insectos, e desde a concellería de Sanidade e Medio Ambiente de Redondela lembran a importancia de cumprir coa normativa vixente para evitar picaduras que poidan supoñer un perigo para a saúde. “A picadura dunha carracha pode transmitir varias enfermidades graves”, explica a concelleira Pilar Martínez, por iso o Concello está a alertar á poboación e fai recomendacións sobre como protexerse ante unha mordedura. As carrachas poden habitar parques, xardíns e bosques e morder tanto aos seres humanos como aos animais de compañía, polo que hai que lembrar aos propietarios de fincas “que deben mantelas limpas”. Para evitar riscos Pilar Martínez sinala que é importante acudir a estes espazos con pantalóns longos e botas para evitar o risco de mordedura. Unha vez na casa, e especialmente no caso de nenos e nenas, a concelleira recomenda “revisar a roupa e tamén a pel e a cabeza para asegurarnos de que non hai ningún parásito”. No caso dos propietarios de cans e gatos, suxírese estar atentos a calquera molestia que poidan manifestar ao volver da rúa, especialmente se estiveron en contacto con céspede e arbustos. A concelleira advirte ademais que é obriga dos propietarios manter en bo estado aos animais “tanto pola propia saúde das mascotas como por saúde pública, xa que cans e gatos poden transmitir enfermidades e parásitos ás persoas”. Desde a Policía Local levarase a cabo un control dos animais, e os propietarios poden ser requiridos para comprobar que cans e gatos están rexistrados, vacinados e coa desparasitación correcta”, advirte Martínez.

No caso de detectar algunha carracha, hai retirala da pel inmediatamente “pero é moi importante seguir as indicacións dos expertos para evitar que parte do insecto quede dentro da pel”. Para retiralas hai que tirar delas cunhas pinzas ou cunha ferramenta deseñada para este efecto. É necesario usar pinzas de punta fina para agarrar a carracha tan preto da superficie da pel como sexa posible, sen facer presión sobre o corpo da carracha. Logo, tirar cara a arriba cunha presión uniforme e constante, sen esmagar o insecto nin torcelo, “xa que isto pode provocar que se rompan partes da boca e que queden na pel”. Despois de retirar a carracha, limpar ben a área da picadura e as mans con alcohol ou con auga e xabón. No caso de que aparezan síntomas como vultos na pel, febre, dor de cabeza, vómitos ou dores musculares é preciso consultar a un médico. Estes protocolos de actuación do Sergas e o Ministerio de Sanidade distribuiranse nos centros de ensino, centros de día, asociación e outros colectivos.

Controis para evitar a proliferación do mosquito tigre

O Concello lanza unha serie de recomendacións para evitar a proliferación do mosquito tigre: un insecto pequeno de entre 5 e 7 milímetros, cor negra, con raias brancas no abdome e patas. Desde o departamento de Sanidade e Medio Ambiente informan que se activa en época de calor, e que pode transmitir enfermidades virais como o dengue, zika, ou febre amarela. Para minimizar os riscos é importante retirar do exterior todos os obxectos que poidan acumular auga (pratos de testos, cinceiros, cubos, xoguetes) ou darlles a volta para evitar que se enchan con auga de choiva. É necesario seguir estas indicacións en a patios, xardíns, parcelas ou terrazas. O mosquito tigre ten gran capacidade de reproducirse na contorna urbana. Un 80% das zonas de cría están en vivendas. A femia pon os ovos en lugares que, aínda que estean secos, son susceptibles de encharcarse ou en calquera pequeno recipiente que conteña auga. A edil lembra que a día de hoxe a presenza deste insecto na comarca non é preocupante porque os exemplares detectados son poucos, pero que “o mellor remedio é previr que se reproduza”. Por ese motivo traslada este aviso a cidadanía, unha advertencia que está xa presente nos cemiterios municipais para que se teña en conta esta medida de prevención que busca beneficiar á veciñanza.

La entrada Redondela pon en marcha unha campaña de información e prevención ante as picaduras de insectos se publicó primero en Concello de Redondela.