PXOM archivos - Concello de Redondela

A RAG felicita a Redondela como primeiro concello en incluír a toponimia no PXOM
– A alcaldesa Digna Rivas presentoulles aos responsables da RAG o traballo realizado en materia de toponimia, como as publicacións dos libros da microtoponimia das parroquias de Redondela, a web Toponimia de Redondela, e a inclusión da toponimia dentro do catálogo de bens patrimoniais do PXOM.

– O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, felicitou ao Concello de Redondela “pola súa aposta decidida na defensa e promoción da lingua e cultura galegas, sendo pioneiro neste eido”. Freixanes salientou especialmente o feito de que Redondela inclúa a toponimia como patrimonio no seu PXOM. Trátase do primeiro concello galego en facelo “e esta iniciativa hónravos”, díxolle á alcaldesa.

O Concello de Redondela recibiu onte a visita do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes xunto con Henrique Monteagudo, vicesecretario, e Gonzalo Navaza, membro do Seminario de Onomástica da RAG e especialista en toponimia. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, recibiron aos responsables da RAG para abordar cuestións relacionadas coa toponimia.

A alcaldesa presentoulles o traballo realizado polo Concello de Redondela nos últimos anos para a recuperación e posta en valor dos topónimos do municipio. Entre outras cuestións destacaron o traballo de campo, estudos filolóxico e publicacións dos libros da microtoponimia das parroquias de Redondela. Xa hai nove publicacións realizadas “todas elas cunha moi boa acollida por parte da cidadanía”, sinalou Rivas, e este ano está previsto realizar as do Viso, Trasmañó e Reboreda.

Na xuntanza valorouse tamén de xeito moi positivo a creación da web Toponimia de Redondela, que recolle a explicación e orixe de máis de 2.000 microtopónimos. A páxina permite tamén a descarga dos libros de microtoponimia de balde e a ligazón para o mapa de Galicia Nomeada (proxecto da RAG e da Xunta de Galicia), no que Redondela colaborou coa identificación de máis de 3.000 microtopónimos. Rivas salientou o gran traballo feito na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado inicialmente, e que inclúe a toponimia dentro do catálogo de bens patrimoniais.

Os responsables da RAG felicitaron ao Concello de Redondela “pola súa aposta decidida na defensa e promoción da lingua e cultura galegas, sendo unha administración pioneira neste eido”. Freixanes salientou especialmente o feito de que Redondela inclúa a toponimia dentro do catálogo de bens patrimoniais no seu PXOM. Trátase do primeiro concello de toda Galicia que o fai “e esta iniciativa para protexer este patrimonio é algo que honra a este Concello”.

Víctor Freixanes asinou no Libro de Ouro do Concello: “Para as amigas e amigos da Corporación Municipal de Redondela, pioneira na galeguización, con toda a nosa admiración e agradecemento. Uha forte aperta.”

La entrada A RAG felicita a Redondela como primeiro concello en incluír a toponimia no PXOM se publicó primero en Concello de Redondela.

O Concello de Redondela avanza nos trámites para a aprobación provisional do PXOM
– O Concello xa conta cos informes emitidos polas diferentes administracións que deben informar o PXOM. Neste trimestre celebrarase reunións coas Direccións Xerais de Urbanismo, Mobilidade e Patrimonio da Xunta de Galicia, Augas de Galicia e outros organismos como Portos e Aviación Civil.

– A alcaldesa lembra que o PXOM é un documento “que fan os técnicos, non os políticos, en base á Lei do Solo de Galicia. A Xunta de Galicia é a que finalmente ten que aprobalo”. A intención do goberno local é que a Xunta de Galicia “atenda as demandas e necesidades da veciñanza”.

– Na reunión coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta trasladarán “as necesidades de Redondela e das parroquias”. A intención do goberno local é incorporar ao PXOM “todas as alegacións que tecnicamente sexa posible”. A previsión para realizar todos os trámites e resolver as alegacións, xunto co documento de aprobación provisional do PXOM polo pleno do Concello, é o primeiro semestre do 2026.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que desde o Concello de Redondela estanse a cumprir cos prazos e os trámites administrativos que marca a Xunta de Galicia para resolver o PXOM. Xa se mantiveron diferentes reunións co equipo redactor, que realizou unha clasificación e análise de todas as alegacións presentadas durante o período de exposición pública. O goberno local informou da actual situación do plan aos grupos políticos municipais “como vimos facendo ao longo de todo este proceso administrativo”, explica Rivas.

O Concello xa conta con todos os informes dos diferentes organismos que teñen que informar o PXOM. Neste primeiro trimestre do ano celebraranse reunións con todas as administracións autonómicas e estatais que teñen valorar o planeamento (Direccións Xerais de Urbanismo, Mobilidade e Patrimonio da Xunta de Galicia, Augas de Galicia, Portos e Aviación Civil). O obxectivo destas reunións, que se celebrarán neste primeiro trimestre do ano, é elaborar o documento final do PXOM conforme ás propostas das diferentes administracións. “Deste xeito poderemos axustar as demandas das alegacións presentadas durante a exposición pública”, explica Digna Rivas.

A alcaldesa lembra que o PXOM é un documento que fan os técnicos, non os políticos, en base á Lei do Solo de Galicia. A Xunta de Galicia é a que finalmente ten que aprobalo”. A intención do goberno local é que a Xunta de Galicia “atenda as demandas e necesidades da veciñanza”. “Queremos unha Redondela de futuro, na que as parroquias poidan medrar e contar cos servizos necesarios, e iso é que imos reclamar ante a Xunta”. A alcaldesa afirma que na xuntanza coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta trasladarán “as necesidades de Redondela e a incorporación das alegacións que queremos facer ao plan”. A intención do goberno local é incorporar ao PXOM “todas as alegacións que tecnicamente sexa posible”.

Unha vez celebradas todas as reunións técnicas elaborarase a proposta final do plan e a Memoria Ambiental, que debe enviarse ao servizo de Calidade Ambiental da Xunta. Este organismo terá que emitir a Declaración Ambiental Estratéxica. A previsión para realizar estes trámites e resolver as alegacións, xunto co documento de aprobación provisional do PXOM polo pleno do Concello, é o primeiro semestre do 2026.

La entrada O Concello de Redondela avanza nos trámites para a aprobación provisional do PXOM se publicó primero en Concello de Redondela.

A oficina técnica do PXOM atendeu as consultas de máis de 1.400 veciños e veciñas
O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Redondela está na recta final da súa exposición pública. O prazo, que comezou hai tres meses, remata hoxe, 21 de xuño. A oficina técnica de información atendeu a 1.416 veciños e veciñas que puideron facer as súas consultas e recibir asesoramento.

O concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, sinala que o Plan Xeral de Ordenación Municipal é un documento moi complexo, por iso desde o goberno local fíxose un gran esforzo “para poñer a disposición da veciñanza todos os recursos posibles e que coñezan o plan, que teñan toda a información e poidan facer as súas alegacións”.  Co obxectivo de mellorar a información á veciñanza, desde o actual goberno de Digna Rivas “ampliamos a tres meses o prazo de exposición pública que é o máximo que nos permite a Lei do Solo de Galicia, e fixemos un novo contrato para atender ao público na oficina técnica todos os días da semana”.

Outra mellora foi a contratación dun visor dixital na páxina web do Concello, onde se poden buscar as parcelas de todo o municipio “dun xeito cómodo e cun funcionamento sinxelo e intuitivo”. Cumprindo co compromiso da alcaldesa, Digna Rivas, tamén se realizaron reunións informativas en todas as parroquias, “para informar aos veciños de como o PXOM afecta a cada parroquia”.

Por outra banda, Cabaleiro sinala que o goberno local e el mesmo como edil de Urbanismo reuníronse con todos os colectivos e asociacións que así llo solicitaron.

Solo Industrial

O edil de Urbanismo explica que o planeamento urbanístico está condicionado ás directrices que establece a Xunta de Galicia na Lei do Solo. Tamén as propias características do municipio limitan o uso do territorio. Redondela presenta un orografía moi irregular, con alternancia de elevacións e depresións do terreo, “o que condiciona o seu desenvolvemento”. Outra particularidade de Redondela é que ten afeccións de numerosas infraestruturas: a Autoestrada do Atlántico (AP-9), as estradas N-550, N-552 e N-555, o aeroporto de Peinador e as liñas de ferrocarril. Todos estes condicionantes “cunha orografía complexa e as afeccións de múltiples infraestruturas impiden establecer grandes áreas industriais no municipio”, conclúe Antonio Cabaleiro.

La entrada A oficina técnica do PXOM atendeu as consultas de máis de 1.400 veciños e veciñas se publicó primero en Concello de Redondela.