rexeneración archivos - Concello de Redondela

Redondela e Galicia Suroeste inician os traballos de rexeneración integral da ensenada de San Simón
O Concello de Redondela e Galicia Suroeste inician os traballos de eliminación de especies exóticas invasoras na contorna da ensenada de San Simón, un dos tesouros naturais de Galicia incluído na Rede Natura 2000. Cun investimento de 18.000 euros financiados ao abeiro do PSTD ‘A Despensa de Galicia’ realizaranse melloras na contorna para protexer e adaptar este espazo ao escenario de cambio climático.

O Concello de Redondela, da man de Galicia Suroeste, pon en marcha unha nova intervención estratéxica para a prevención de danos ao ecosistema dunar do espazo natural protexido da contorna da ensenada de San Simón, grazas á financiación procedente do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”, financiado con Fondos Next Generation da UE. A concelleira de Turismo, Rita Pérez, acompañada polo Representante Institucional do Xeodestino e alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiron onte ao inicio dos traballos de retirada manual de especies exóticas invasoras da zona dunar e supralitoral, unha acción crucial para protexer este enclave único que se realizará entre os meses de novembro e decembro. Coa retirada dos exemplares de Artotheca Calendula preténdese restaurar o equilibrio natural e recuperar a biodiversidade local, xa que a presenza desta especie exótica está xerando unha perda de espazo para as especies nativas e tamén, rompendo a conectividade ecolóxica básica.

Os traballos inclúen tamén a recollida na zona dunar de residuos sólidos urbanos. Este lixo que chega ao areal frea os restos de arribazón de algas e outra materia natural necesaria para nutrir a outras especies. Pérez Táboas explica que con estas intervencións contribúese a restaurar a funcionalidade ecolóxica do espazo e favorécese o uso recreativo, educativo e turístico da contorna. En concreto, con esta actuación, que conta cun investimento de 18.000 euros e que se enmarca na liña de transición verde e ecolóxica do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) de Galicia Suroeste, perséguese tanto a preservación ambiental coma a posta en valor do patrimonio natural da contorna, impulsando un turismo respectuoso co medio ambiente que garanta un uso sostible e equilibrado dun espazo natural único cun valor ambiental incalculable.

La entrada Redondela e Galicia Suroeste inician os traballos de rexeneración integral da ensenada de San Simón se publicó primero en Concello de Redondela.

Redondela avanzan cara a un futuro sostible coa rexeneración integral da enseada de San Simón
– O Concello de Redondela e Galicia Suroeste acaban de asinar un convenio de colaboración para levar a cabo o proxecto de rexeneración e mellora dos ecosistemas dunares, intermareais e do esteiro da enseada. Cun investimento de máis de 18.000 euros do PSTD ‘A Despensa de Galicia’ realizaranse melloras na contorna para protexer e adaptar este espazo ao escenario de cambio climático.

– O proxecto inclúe a eliminación de especies invasoras e a retirada de residuos sólidos, así como a elaboración dunha guía sobre coas especies de fauna e flora da contorna. A alcaldesa, Digna Rivas, advirte que “a enseada de San Simón é un patrimonio natural de incalculable valor e o noso compromiso é protexela para as xeracións futuras, garantindo un uso sostible deste espazo”.

A enseada de San Simón, un dos tesouros naturais de Galicia incluído na Rede Natura 2000, será obxecto dunha transformación estratéxica para previr posibles danos no futuro a consecuencia das inundacións provocadas polo cambio climático. O Concello de Redondela e Galicia Suroeste acaban de asinar un convenio de colaboración para levar a cabo o proxecto de rexeneración e mellora dos ecosistemas dunares, intermareais e do esteiro desta contorna, “con accións cruciais para protexer este enclave único”. A alcaldesa de Redondela, Digna Riva, advirte que “a enseada de San Simón é un patrimonio natural de incalculable valor e o noso compromiso é protexela para as xeracións futuras, garantindo un uso sostible deste espazo”. A presidenta de Galicia Suroeste, Sandra González, destacou a importancia de proxectos como este, co que “non só reforzamos a nosa aposta pola preservación ambiental, senón que poñemos en valor esa riqueza impulsando un turismo respectuoso co medio ambiente.

O proxecto inclúe a retirada manual de especies invasoras e de residuos sólidos urbanos nunha área de 15.000 metros cadrados na zona supralitoral da praia de Cesantes. Por unha banda eliminaranse da zona dunar e circundantes os exemplares de Artotheca Calendula para restaurar o equilibrio natural e recuperar a biodiversidade local, xa que que está xerando unha perda de espazo para as especies autóctonas e rompendo a conectividade ecolóxica básica. Por outro lado, limparase a zona dunar do areal de residuos sólidos urbanos que frean a chegada de algas e outras materias naturais necesarias para nutrir a fauna da zona. Para iso peitearase a zona supramareal para a súa limpeza, contribuíndo así a restaurar a súa funcionalidade ecolóxica e favorecer o uso recreativo, educativo e turístico da contorna. Estes dous labores remataranse en marzo de 2025.

Ao abeiro do proxecto tamén se levará a cabo ata abril de 2025 un inventariado xeral de especies de flora e fauna autóctonas en 80.000 metros cadrados da propia enseada de San Simón, zonas adxacentes á praia de Cesantes, o Paseo da Portela e Punta Socorro. O inventario recollerá moitas especies de aves migratorias que fan a súa parada na enseada, e tamén anfibios, réptiles e mamíferos que poden ser observables por persoas usuarias e turistas de forma fácil.

A iniciativa inclúe a creación dunha guía didáctica en formato dixital para divulgar o proxecto entre os visitantes e turistas “que servirá para poñer en valor este espazo natural con vistas á promoción de novos produtos turísticos sostibles”.

A iniciativa contará cun investimento de máis de 18.000 euros financiados por Galicia Suroeste ao abeiro das inversións para a adaptación ao cambio climático e prevención de riscos nos territorios litorais do Xeodestino. As axudas enmárcanse na liña de transición verde e ecolóxica do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) ‘A Despensa de Galicia’ dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea con fondos Next Generation EU.

La entrada Redondela avanzan cara a un futuro sostible coa rexeneración integral da enseada de San Simón se publicó primero en Concello de Redondela.