servizos archivos - Concello de Redondela

Mellora a seguridade e os servizos no rural con novos asfaltados en Negros, Ventosela e Vilar
O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, no camiño do Lameiro, recentemente asfaltado.

– A Concellería de Infraestruturas e Sostibilidade rematou as obras do Camiño do Lameiro, en Santo Estevo de Negros, e o Camiño de Zabarís, en Ventosela, ambas financiadas a través dos Orzamentos Participativos.

– O concelleiro, Roberto Villar, sinala que tamén se están a executar melloras con fondos propios do Concello en Vilar e anuncia novas intervencións en Chapela.

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, continúa co seu plan de mellora da rede viaria nas parroquias do rural co obxectivo de garantir a seguridade e a calidade de vida dos veciños e veciñas. Entre as actuacións recentemente rematadas destaca a reforma do Camiño do Lameiro, na parroquia de Santo Estevo de Negros. Cunha inversión de preto de 22.000 euros, os traballos centráronse na reposición total do firme e, moi especialmente, na mellora e localización da rede de pluviais, “solucionando así os problemas de canalización que afectaban á zona”, explica o concelleiro Roberto Villar. Esta obra foi executada grazas aos Orzamentos Participativos do Consello Parroquial de Negros. Nesta mesma liña de colaboración veciñal, atópanse practicamente rematadas as obras do Camiño de Sabarís, en San Martiño de Ventosela. Cun orzamento tamén próximo aos 22.000 euros procedentes dos Orzamentos Participativos da parroquia, a intervención consistiu na pavimentación e posta a punto desta vía.

O concelleiro salientou a importancia destas actuacións: “A prioridade deste goberno é manter o noso rural vivo e con servizos dignos. No caso de Negros, non se trataba só de botar asfalto, senón de solucionar un problema grave coas pluviais que afectaba á durabilidade do firme e á seguridade dos veciños”, explica Villar. Desde o Concello de Redondela ponse en valor a ferramenta dos orzamentos participativos: “É a propia veciñanza, a través dos seus consellos parroquiais, a que decide onde é máis necesario actuar, o que nos permite ser moito máis eficaces na xestión”. Xunto a estas obras o Concello tamén mobilizou recursos propios para a mellora do Camiño das Laxes e o Carreiro da Auga, en Vilar, cunha inversión que rolda os 20.000 euros.

Dende a Concellería avanzan que as previsións a curto prazo inclúen o asfaltado do camiño do Convento, en Reboreda, así como o camiño do Carrascal, que comunica Redondela con Ventosela. De xeito paralelo, as brigadas municipais continúan cos labores de mantemento e reparacións en todo o termo municipal xa hai multitude de camiños afectados polos numerosos temporais. Actualmente realízanse arranxos nos camiños da Coutada Grande, da Traída e do Valeiro (Chapela). “Seguimos traballando de xeito constante, tanto en grandes proxectos de pavimentación como nas pequenas reparacións diarias que son fundamentais para o día a día do municipio Redondela”, concluíu Roberto Villar.

La entrada Mellora a seguridade e os servizos no rural con novos asfaltados en Negros, Ventosela e Vilar se publicó primero en Concello de Redondela.

O Concello esixe a Audasa que cumpra co proxecto de reposicións en Chapela
Reunión informativa realizada cos veciños antes de comezar as obras de reposición da AP-9

– O Concello de Redondela rexeitou recepcionar as obras de reposición que Audasa realiou en Chapela “ata que cumpran con todos os compromisos”. Un dos incumprimentos é a reposición da fonte de Cornido, que foi retirada polas obras de ampliación da AP-9 e que malia constar no proxecto “non se recuperou”.

– A alcaldesa, Digna Rivas, Rivas esixe á concesionaria “que execute as obras acordadas” e advirte que fará valer “os dereitos da veciñanza que leva décadas padecendo os prexuízos da AP-9”. O Concello non recepcionará as obras ata que os técnicos municipais realicen “todas as comprobacións pertinentes e se cumpran todos os compromisos adquiridos”.

O Concello de Redondela rexeitou a recepción das obras de reposición da AP-9 en Chapela. A alcaldesa explica que non o farán “ata que os técnicos municipais poidan comprobar o estado das obras e se resolvan as posibles deficiencias”. Audasa, empresa concesionaria da autoestrada, citou ao Concello “sen tempo suficiente para realizar as comprobacións técnicas necesarias”. O goberno local advirte que é necesario verificar que o resultado das obras “se corresponde co proxecto e que cumpre cos compromisos acadados”.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que un deses compromisos, a reposición da fonte do Cornido, non se cumpriu por parte de Audasa. Trátase dunha das fontes máis antigas do barrio de Igrexa e que foi retirada a causa da ampliación da autoestrada. “No documento de reposicións consta a recuperación da fonte de pedra cunha parede ornamental e bancos, e Audasa non o fixo” denuncia Rivas. A rexedora advirte que non vai consentir que a concesionaria incumpra os acordos adquiridos e que vai facer valer “os dereitos da veciñanza que leva décadas padecendo os prexuízos da AP-9”. O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, sinala tamén que a reposición da fonte é unha demanda “histórica” da parroquia que Audasa ten a obriga de repoñer.

O Concello ten tamén coñecemento doutras incidencias nos servizos e instalacións a causa das obras de reposición das vías afectadas. O goberno local afirma que “ata que os técnicos municipais realicen todas as comprobacións pertinentes, non se procederá á recepción das obras”. O Concello reitera tamén a súa boa disposición para continuar “coa coordinación técnica e administrativa necesaria para a correcta finalización do procedemento”.

La entrada O Concello esixe a Audasa que cumpra co proxecto de reposicións en Chapela se publicó primero en Concello de Redondela.