Hoxe, 17 de marzo celébrase en España o Día do Cómic. Unha efeméride reivindicada pola Sectorial do cómic e impulsada polo Ministerio de Cultura, para potenciar, visibilizar e fomentar o coñecemento e consumo do 9º Arte, e recollida tamén no Calendario do Libro e a Lectura de Galicia.
Para sinalizar este día escolleuse a data de aniversario do nacemento da mítica revista de historietas TBO.
As Bibliotecas de Redondela celebramos a data incorporando varias novidades ás nosas comictecas.
Asimesmo convidámosvos a deixar a vosa ilustración comiqueira na biblioteca… Cal é o voso personaxe favorito?