Concello de Redondela

Contos violetas na Biblioteca de Chapela

«Aitana e a avoa, e outros contos violetas»: contacontos na Biblioteca Xela Arias de Chapela (Redondela) da man da narradora Soraya Lema.

Con Aitana e a avoa, aprendemos a atopar cancións e xogos de tradición oral que dormen escondidos na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas.  Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos  que forxamos dende pequen@s ou romper estereotipos.

Público ao que vai dirixido: infantil (3 anos en diante)

Xoves, 28 de novembro, ás 18:30 h.

Na Biblioteca Xela Arias de Chapela (Redondela) (Multiúsos do Piñeiral do Crego)

Entrada libre e de balde

Compartir