Estas bases e convocatoria teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión das subvencións da Concellería de Igualdade para o ano 2024 de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
Búscase ademais, nestes momentos de crise económica, eficiencia na asignación e a maximización no reparto dos recursos existentes para a realización de actividades que complementen ou suplan aos de competencia municipal.