Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Os Carunchos: concerto presentación libro-disco “Unha gorxa chea de paxaros” – XX Aniversario da Biblioteca Xela Arias

24 Outubro @ 20:00 - 21:30

Este ano as Bibliotecas Municipais de Redondela festexaremos o 24 de outubro, Día das Bibliotecas, do xeito máis espectacular que se nos ocorre.

Trasladamos a esta data a celebración do 20 aniversario da Biblioteca Xela Arias de Chapela, que levamos conmemorando durante todo o ano, e traemos para este día un evento do máis extraordinario: o concerto do grupo Os Carunchos.

Os Carunchos, lendario grupo de música tradicional con tres décadas de bagaxe, ten un fondo arraigamento na localidade de Chapela. O grupo ven de publicar o seu primeiro libro-disco: “Unha gorxa chea de paxaros”, no que pon música a fermosos poemas do benquerido Manuel María.

A cita terá lugar no Auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego.

A entrada é libre ata completar a capacidade.

Detalles

Protagonista

Recinto