Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Redondela contratará a 15 persoas desempregadas

Concello de Redondela
19-03-2024
0
Redondela contratará a 15 persoas desempregadas

Os contratos serán para 3 guías de Turismo, 2 axudantes para o servizo de Electricidade e 10 peóns de servizos varios, todos eles cunha duración máxima de 6 meses. Para aspirar a estes postos é preciso estar en situación de desemprego. No caso dos 10 peóns aínda está aberto o proceso de selección, polo que as persoas interesadas poden inscribirse no Servizo Público de Emprego para optar a estas prazas. O Concello de Redondela contratará a un total de 15 persoas en situación de desemprego. Os contratos serán para 3 guías de Turismo, 2 axudantes para o servizo de Electricidade e 10 peóns de servizos varios, todos eles cunha duración máxima de 6 meses.


No caso dos 10 peóns aínda está aberto o proceso de selección, polo que as persoas interesadas poden inscribirse no Servizo Público de Emprego para optar a estas prazas. O contrato terá unha duración máxima de 6 meses. A súa actividade principal serán tarefas de mantemento e reparación relacionadas cos distintos oficios así como operacións de carga e descarga, limpeza, mantemento e conservación das rúas, prazas, instalacións deportivas ou calquera outra instalación municipal interna ou externa.

Os 2 axudantes para o servizo de Electricidade terá como actividade principal dar apoio na substitución de liñas de cableado obsoletas.

No caso das 3 guías de Turismo a súa actividade principal será apoiar a dinamización turística do Concello de Redondela, atender á cidadanía na Oficina de turismo e no Centro de Interpretación de Rande, e facilitar información sobre o patrimonio natural, cultural e histórico de Redondela, planificando rutas e visitas guiadas.

Estas contratacións fanse ao abeiro do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra cunha axuda de 239.287,53 euros para o Plan de Obras e Servizos de competencia municipal. A alcaldesa redondelá, Digna Rivas, afirma que estas contratacións “non só supoñen un xeito de fomentar o emprego e un ingreso económico para as persoas contratadas, senón que contribúen a reforzar os servizos que desde o Concello sse prestan á veciñanza”.