Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

“As nosas Conquistadoras” homenaxea a mulleres destacadas das parroquias de Trasmañó e Quintela

Concello de Redondela
14-03-2024
0
“As nosas Conquistadoras” homenaxea a mulleres destacadas das parroquias de Trasmañó e Quintela

A iniciativa “As nosas Conquistadoras” ten por obxecto homenaxear a mulleres das diferentes parroquias de Redondela que exemplifican a importancia da participación da muller na sociedade. Son as propias asociacións de veciños e veciñas das parroquias as que escollen á muller homenaxeada en cada caso”. Este domingo, día 17, celebrarase dous recoñecementos: ás 12.00 horas na A.D.C. de Rande homenaxe a Carmen Álvarez Álvarez, e ás 18.00 horas na Casa Cultural de Quintela a Carmen Darriba Amoedo.

A iniciativa “As nosas Conquistadoras” ten por obxecto homenaxear a mulleres de Redondela que exemplifican a importancia da participación da muller na sociedade. Nace dentro do programa do 8M do municipio para estender a loita pola igualdade máis alá da celebración dun só día. “As nosas Conquistadoras” nace como continuación da xa coñecida exposición “Conquistadoras” do Concello de Redondela. A alcaldesa Digna Rivas, explica que “este goberno comprométese coa loita pola igualdade durante todo o ano, por iso a intención desta actividade é alongar a programación do 8M, para que non quede nun só día”. “Son as propias asociacións de veciños e veciñas das parroquias as que escollen á muller homenaxeada en cada caso”, sinala a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa.

Este domingo, día 17, celebrarase dous recoñecementos: ás 12.00 horas na A.D.C. de Rande homenaxe a Carmen Álvarez Álvarez, e ás 18.00 horas na Casa Cultural de Quintela a Carmen Darriba Amoedo. Ademais dos actos organizados en cada caso coas asociacións de veciños, o Concello faralles entrega dun ramo de flores e un retrato orixinal feito en directo pola artista Alba Fernández Troiteiro, que quedará exposto no Centro Cultural de cada parroquia “como homenaxe e recordo do seu traballo e a súa historia de vida” engade Rivas.

A primeira homenaxe no marco deste programa fíxose o ano pasado. En San Estevo de Negros foi recoñecida Mercedes Portela Rodríguez, polo seu traballo como carteira en correos durante moitos anos. En Ventosela homenaxeouse a Celsa Míguez Bouzón, por ser a muller de maior idade, e en Saxamonde a muller elixida foi Sofía Vilaboa, tamén escollida pola súa parroquia por ser a de maior idade. En Cesantes foi recoñecida a mestra Carmen Barreiro Seoane. E na parroquia de Cabeiro Balbina Castro Balado.

 

A intención deste acto é, polo tanto, recoñecer o valor das mulleres redondelás cunha homenaxe na súa propia parroquia, “achegando a loita pola igualdade a todos os lugares sociais e de promoción cultural do municipio” explica a edil de Igualdade.