Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Un acordo entre o Concello de Redondela e o Conservatorio Superior de Vigo permitirá facer programacións musicais conxuntas

Concello de Redondela
21-03-2024
0
Un acordo entre o Concello de Redondela e o Conservatorio Superior de Vigo permitirá facer programacións musicais conxuntas

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o director do Conservatorio Superior de Música de Vigo ( CSMV), Esteban Valverde, selaron onte un acordo entre ambas institucións “para a programación conxunta de actividades culturais como concertos, cursos ou conferencias”.

Rivas destacou que o Concello de Redondela ten entre as súas funcións “a promoción da cultura de Galicia e, en particular, o fomento de actividades que poñan en valor o patrimonio material e inmaterial do municipio”. Con este convenio a veciñanza de Redondela poderá gozar de actividades promovidas conxuntamente entre o Concello e o CSMV, como concertos, etc. Lembra a alcaldesa que o auditorio da Xunqueira está dotado cun piano de cola, e sinala que “este acordo co centro de estudos musical vigués servirá para que alumnado, mestres e convidados do CSMV poidan facer uso del e ofrecer recitais no auditorio redondelán”. Pola súa banda, Esteban Valverde agradeceu o interese do goberno redondelán pola cultura, e considerou moi beneficioso esta colaboración “para a promoción e difusión do coñecemento e da cultura no seo da sociedade”.

Con este convenio “complétase a xa de por si ambiciosa oferta musical para a cidadanía de Redondela que conta cunha ampla programación do Conservatorio Municipal Víctor Ureña e da Escola de Música de Chapela”, conclúe Digna Rivas.