Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Os maiores de Redondela despiden as festas con ballet e agasallos

Concello de Redondela
08-01-2024
0
Os maiores de Redondela despiden as festas con ballet e agasallos

A concellería de Maiores, que dirixe Pilar Martínez, organizou nos meses de decembro e xaneiro visitas ás residencias e centros de día do municipio. O obxectivo foi o de “compartir tempo cos nosos maiores e facerlles un agasallo de Reis” apunta a concelleira. As visitas tiveron lugar no CAPM Redondela en Cesantes, Centro Maiores Activos de Chapela, Os Cortizos e centro Galeón. En todos os casos a concelleira estivo acompañada por un grupo da escola de danza Déborah Alfaya, que colaborou interpretando unhas pezas de baile que os maiores disfrutaron moito. Pilar Martínez fíxolles entrega aos usuarios un agasallo, unha pequena árbore que poderán plantar nas súas casas. Martínez lembra que nestas datas non só hai que pensar nos máis pequenos, senón tamén nos nosos maiores “porque a ilusión non te idade”.