Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Comezan os traballos de pavimentación na estrada Santo Paio de Arriba, Reboreda

Concello de Redondela
22-02-2024
0
Comezan os traballos de pavimentación na estrada Santo Paio de Arriba, Reboreda

Hoxe comezaron os traballos de limpeza das marxes na estrada Santo Paio de Arriba, na parroquia de Reboreda, para poñer en marcha a obra de pavimentación e mellora deste camiño. A actuación consiste na mellora da drenaxe e a pavimentación da estrada con aglomerado asfáltico en quente. Os traballos realizaranse en 346 metros de estrada, cunha superficie total de máis de 2.500 metros cadrados. A obra, adxudicada á empresa Construcciones Fechi SLU, ten un orzamento de 65.510 euros e está financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan + Provincia (antigo Plan Concellos) do programa 2022-23. A alcaldesa, Digna Rivas, amosou a súa satisfacción pola posta en marcha destes traballos de mellora na estra de Santo Paio de Arriba xa que o obxectivo é “mellorar as infraestruturas e comunicacións das parroquias para seguir mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas”. O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explicou que o seu departamento conta con varios proxectos para seguir actuando en obras de asfaltado nas parroquias mos vindeiros meses.