Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Adiada ao 20 de febreiro a representación teatral de 'As que limpan' da compañía A Panadaría

Concello de Redondela
11-02-2022
0
Adiada ao 20 de febreiro a representación teatral de

A Concellería de Cultura que dirixe Iria Vilaboa, informou hoxe do adiamento da representación teatral que a compañía A Panadaría tiña que ofrecer este sábado, 12 de febreiro, no Multiúsos da Xunqueira.

A nova data para a representación de As que limpan será o domingo 20 de febreiro, ás 18.30 horas. A representación está incluída no ciclo Vive o Teatro e con ela a compañía 'A Panadaría' continúa coa xira de presentación desta nova montaxe. O prezo das entradas, case que simbólico, será de 3 euros.

Doutra banda, este próximo domingo 12 ás 19 horas, o humor será o protagonista do programa cultural Inverno 2022 co IV Ciclo de Monólogos 'Humor na súa tinta' a cargo de Xavier Deltell. O prezo será de 12 euros.