Urbanismo
El Área de Urbanismo del Concello de Redondela se encarga de la actuación urbanística como el planeamiento, licencias, disciplinas, conservación de edificios, proyectos y obras municipales.
Contacta
- 986 400 300
- urbanismo@redondela.gal
- actividades@redondela.gal
- disciplinaurbanistica@redondela.gal
- tecnicaurbanismo@redondela.gal
- aparellador@redondela.gal
- aparelladora@redondela.gal
- vixilanteobras@redondela.gal
- delineante@redondela.gal
- arquitecta@redondela.gal
- Arquitecta atención con cita: Martes de 9:30 a 13.30 horas (presencial-telefónica) Cita previa
- Rúa Alfonso XII, 2 (planta 2º), 36800 Redondela, Pontevedra
- Información y conulta de planos: Martes de 9:00 a 14:00 horas (en el caso de coincidir en festivo se atenderá el día hábil siguiente)
- Consulta expedientes: Laborales de 9:00 a 14:00 horas
- Noticias
- Descargas
Rivas e Cabaleiro con Botana e Colunga nunha visita ao Concello
– A alcaldesa, Digna Rivas, advirte que tanto o goberno local como a veciñanza manifestaron sempre a súa oposición ao almacén de colectores polo impacto negativo que tería para o territorio e a cidadanía”. A rexedora lembra que toda a zona está incluída nun espazo de especial protección da UE dentro da Rede Natura.
– Rivas advirte que, malia que Carlos Botana anunciou que se trata dunha autorización temporal pola saturación do porto vigués, “todo fai pensar que esta situación se prolongará en Rande e que mesmo empeorará nos vindeiros meses, xa que a previsión é que no segundo semestre do ano a saturación en Guixar vaia aínda a máis”.
O Concello de Redondela oponse rotundamente ao traslado de colectores ao cargadoiro de Rande que acaba de anunciar o Porto de Vigo. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, manifestou o seu total rexeitamento a esta decisión da Autoridade Portuaria, e lembra que toda esa zona do litoral conta cun réxime especial de protección ambiental da UE ao estar incluída na Rede 2000. A rexedora advirte que, malia que o presidente do Porto, Carlos Botana, anunciou que se trata dunha autorización “temporal” nun momento de “saturación” do porto vigués, “todo fai pensar que esta situación se prolongará en Rande e que mesmo empeorará nos vindeiros meses, xa que a previsión é que no segundo semestre do ano a saturación en Guixar vaia aínda a máis”.
Na primeira xuntanza que a alcaldesa mantivo con Botana, hai un ano, Rivas xa deixou clara esta posición do Concello de Redondela e trasladoulle ao presidente que tanto o goberno local como a veciñanza “opoñémonos frontalmente á intención do Porto de manter o antigo cargadoiro como depósito de contedores”. O futuro da explanada de Duchess foi un dos asuntos que a alcaldesa abordou co presidente, e advertiulle xa que o Goberno redondelán “amosou sempre a súa oposición ao proxecto de reordenación do acceso á zona portuaria de Rande dende a N-552 polo impacto negativo que tería para o territorio e a veciñanza”. A rexedora explicou que neste terreo de dominio público portuario «atópase o cargadeiro de mineral de Coto Wagner que está incluído no catálogo patrimonial nunha contorna protexida». No PXOM de Redondela, que está en tramitación, «amplíase esa contorna incluíndo a parcela de Duchess para poñer en valor a zona incluída no espazo protexido Rede Natura», puntualizou Rivas.
– O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, comprobou xunto coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, os avances na reforma da ponte de Trasmañó, que afronta a súa recta final para mellorar a seguridade viaria, non só dos peóns, senón tamén do tráfico rodado. Na visita estiveron acompañados por un grupo de veciños da zona e tamén da empresa construtora.
– Os traballos enmárcanse dentro das obras de adecuación que se están a realizar en Chapela e Trasmañó, nas marxes da AP-9, adxudicadas á empresa Civis Global por un importe de 2,65 millóns. A actuación está na recta final e finalizará nas próximas semanas.
Losada felicitou a Digna Rivas por ter reivindicado e feito posible a execución destas obras. O subdelegado foi informado de que coa ampliación da ponte gáñase a anchura necesaria para que poidan cruzarse dous vehículos sen ter que agardar. Ademais as antigas beirarrúas estreitas, que incumprían a normativa, están a ser substituídas por unha funcional senda peonil de metro e medio de anchura que arranca na rampla dende o alto da Encarnación e continúa ata a finalización da ponte no camiño das Laxes. Finalmente, instalaranse varandas que tamén suporán unha mellora sobre as antigas biondas.
Digna Rivas explicou que esta obra era “unha prioridade”, pois responde a unha demanda de hai moitos anos da Asociación de Veciños de Trasmañó e da Asociación de Afectados pola AP-9. “Estase a cumprir, por parte do Goberno de España, co que se lle debía á parroquia de San Vicente de Trasmañó e tamén a Chapela polas obras da autoestrada”. A alcaldesa destacou que deste xeito garántese o dereito da veciñanza a transitar dun xeito seguro.
A reforma da estación de tren de Redondela xa están en marcha cun investimento de 3,3 millóns de euros. Os traballos completan a súa remodelación e reforzan a accesibilidade: despregamento de ascensores, equipamento do paso inferior, renovación de aseos e outras instalacións, e tamén da praza de acceso. Estas actuacións súmanse ás xa completadas na liña ferroviaria, coa renovación da plataforma e a electrificación do tramo. A alcaldesa, Digna Rivas, agradece o compromiso de Adif, que deste xeito avanza na modernización da liña. O investimento global de 265 millóns de euros adecuarase ao Corredor Atlántico, reforzará a conexión con Portugal e aumentará a capacidade para tráfico de viaxeiros e mercadorías. Esta actuación poderá ser cofinanciada polo Mecanismo “Conectar Europa” da Unión Europea (CEF).
O novo apeadeiro de Chapela, contratado
Xa está contratada, por 32,7 millóns, a renovación de vía do trazado Redondela-Vigo Guixar, que inclúe a construción do novo apeadeiro de Chapela, ademais de actuacións en vías e plataformas das estacións de Redondela e Vigo-Guixar, e o reforzo do túnel de Vigo. Ademais, Adif xa adxudicou, por outros 12,3 millóns, a adecuación da sinalización deste mesmo tramo, Redondela-Vigo Guixar, e a súa integración no sistema de xestión de tráfico en remoto e tempo real, co sistema de sinalización Asfa dixital, sinais LED e novos dispositivos que xestionan a distancia sinales dun tramo ferroviario, circuítos de vía (sistemas que detectan a presenza dun tren nun tramo) e outros equipos
Recentemente contratáronse tamén as obras de renovación de vía do trazado entre Redondela e Guillarei que, cun investimento de 49 millóns, tamén comprenden a ampliación das dimensións (gálibo) e a instalación de novos sistemas de protección civil e seguridade nos catro túneles. Tamén se constrúe un novo viaduto (82 m) sobre a estrada N-550 e renovaranse unha vintena de pasos inferiores.