Enseñanza
El Área de Enseñanza del Concello de Redondela se encarga de supervisar el funcionamiento y mantenimiento de los centros públicos del Ayuntamiento de Redondela. Somos un organismo intermediario con otros órganos públicos como a Xunta de Galicia.
Se realizan programas y actividades para mejorar ciertos aspectos de la infancia y se lanzan concursos para potenciar el inclusionismo social y de los distintos grupos, niños, profesores y padres.
Contacta
- 986 400 300
- ensino@redondela.gal
- Rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, Pontevedra
- Laborales de 9:00 a 14:00 horas
- Conservatorio: Laborales de tarde
- Noticias
- Agenda
- Descargas
– Un total de 372 alumnos e alumnas de primaria e secundaria de centros de ensino de Redondela participan nesta actividade organizada pola Concellería de Igualdade. Dentro da programación do 8M que promove o Concello estas charlas son unha ferramenta máis “para que a rapazada coñeza os perigos aos que se expoñen, e que os poidan identificar e denunciar”.
– A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, participaron co alumnado de Porto Cabeiro nesta actividade. Trátase de charlas moi participativas nas que o alumnado pregunta as súas dúbidas, fala das súas experiencias cos xogos e redes sociais e aprenden a importancia de poñer límites.
As charlas “Tecnoloxías e novas formas de violencia de xénero” están a percorrer os centros de ensino do municipio. A rapazada entra en contacto con internet e as redes sociais a idades cada vez máis temperás “polo que é fundamental que canto antes coñezan os risco que corren”, explica o experto en ciberseguridade Javier Cancelas. Con charlas adaptadas ás súas idades e co apoio e vídeos didácticos, nenas e nenos aprenden o que é o ciberacoso ou o grooming. Un total de 372 alumnos e alumnas dos colexios Igrexa, Porto Cabeiro, Quintela, Santa Mariña e IES Floriani participan nesta actividade organizada pola Concellería de Igualdade. Dentro da programación do 8M que promove o Concello estas charlas son unha ferramenta máis “para que a rapazada coñeza os perigos aos que se expoñen, e que poidan identificalos e denuncialos”.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, compartiron co alumnado de Porto Cabeiro esta actividade, na que participaron nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria. Trátase de charlas moi participativas nas que o alumnado pregunta as súas dúbidas, fala das súas experiencias cos xogos ou as redes sociais e aprenden a importancia de poñer límites.
A rexedora destacou “a boa acollida” que ten esta actividade entre o alumnado e o profesorado dos centros, que a valoran como unha iniciativa “moi necesaria”. A rapazada utiliza teléfonos móbiles e tabletas desde idades moi temperás “e deben saber os perigos que existen en internet”.
Charlas nos Centros Culturais
A charla “Tecnoloxías e novas formas de violencia de xénero” tamén se imparte nos centros culturais das diferentes parroquias, con contidos e temáticas dirixidos ao público adulto. Esta semana comezaron en Santo Estevo de Negros e Quintela. A vindeira semana, o 21 de marzo, será no CRC de Cesantes ás 19.00 horas. No Multiúsos de Chapela será o 28 de marzo ás 19.00. O sábado 29 de marzo seré no CC A Miñoteira de Ventosela ás 19.30 e as xornadas rematarán o 4 de abril cunha charla no CC Saramagoso ás 19.00 horas. Todas estas charlas son abertas ao público.
Estas actividades fináncianse grazas ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade.
– Os graves problemas de seguridade que sofre o CEIP Laredo debido ao mal estado da súa cuberta, obrigaron a actuar ao Concello de Redondela. Esta semana comezou a instalación dun valado perimetral para “garantir que ninguén poida acceder ás zonas de risco”, e unha rede “para evitar que se desprenda calquera elemento da cuberta”, explica a alcaldesa Digna Rivas.
– Rivas sinala que o Concello asume estas obras “por responsabilidade” xa que a súa prioridade é “garantir a seguridade dos máis de 180 alumnos e alumnas do centro, así como das familias, profesorado e viandantes”. Hai tres meses que se comunicou esta grave situación á Consellería de Ensino, á que esixe que poña “data e prazos concretos para a reforma integral da cuberta”.
Os graves problemas de seguridade que sofre o CEIP Laredo debido ao mal estado da súa cuberta, obrigaron a actuar ao Concello de Redondela ante a inacción da Consellería de Ensino. O risco de desprendemento de tellas foi comunicado a Xunta de Galicia a través dun informe técnico remitido polo Concello en decembro do pasado ano no que se advertía da grave situación que presenta o tellado do centro. O informe advertía das “medidas de seguridade urxentes” que se deben adoptar, como a colocación dun valado perimetral para “garantir que ninguén poida acceder ao perímetro de seguridade”, así como unha rede “para evitar que se desprenda calquera elemento da cuberta”.
Digna Rivas comprometeuse coa dirección e da ANPA a asumir desde o Concello eses traballos de maneira urxente “malia ser unha competencia exclusiva da Xunta”. Os traballos comezaron xa esta semana, “porque a prioridade do Concello é garantir a seguridade dos máis de 180 alumnos e alumnas do centro, así como das familias, profesorado e viandantes que pasan pola beirarrúa do colexio”. Rivas sinala que “por responsabilidade” o Concello acomete as obras “para perimetrar toda a zona que presenta risco de desprendemento para evitar calquera accidente, coa instalación dunha estrutura e unha rede de protección”. Rivas agradeceu a colaboración da dirección do centro e da ANPA, que se puxeron a total disposición do Concello.
A rexedora lembra que hai tres meses que se comunicou esta grave situación á administración responsable. Técnicos da Consellería visitaron o centro e amosaron a súa preocupación, pero o Concello aínda non obtivo resposta por parte da Xunta de Galicia. Rivas esixe á administración autonómica “que de maneira urxente poña data e prazos concretos para facer a reforma integral da cuberta do CEIP Laredo, unha obra imprescindible para garantir a seguridade no centro, tan como advirte o informe técnico”. Nun pleno da corporación municipal un dos concelleiros do PP asegurou que a Xunta de Galicia acometería a obra neste 2025 “pero no Concello non consta ningunha información oficial ao respecto”.
O Concello de Redondela están a celebrar en diferentes colexios do municipios charlas e obradoiros científicos en colaboración coa Universidade de Vigo. Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia puxéronse en marcha actividades nos centros de primaria “para axudar a espertar vocacións científico-técnicas entre as máis pequenas”. Raquel Pérez Orozco, enxeñeira de Minas e Enerxía, é a encargada de impartir esta actividade. A fabricación de pinturas, a identificación de minerais ou os procesos de combustión son algúns dos temas que se abordan nestes obradoiros. Pérez Orozco é tamén a subdirectora de Divulgación Científica da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Esta semana comezaron as charlas no CEIP Cedeira, onde tamén participaron a alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa. Estes obradoiros continuará os vindeiros días nos colexios de Reboreda, Laredo e Igrexa de Chapela. O obxectivo no que coinciden o Concello e a Universidade de Vigo é o de “fomentar a igualdade entre xéneros” e con estas actividades dáse visibilidade ás mulleres profesionais destes ámbitos “para que sirvan como referente e inspiración a futuras estudantes”, sinala Digna Rivas.
Aún no hay eventos para las próximas fechas
Información de interés
Se conceden subvenciones como:
- Ayuda de material escolar para niños de 3 a 6 años.
- Ayuda de comedor.
- Actividades extraescolares para ANPAS.
- Programas de autogestión para los centros.