Servicios Sociales y Bienestar Social
El Área de Servicios Sociales y Bienestar Social del Concello de Redondela se encarga de ayudar a aumentar el bienestar y mejorar la situación personal, familiar y social.
Contacta
REDONDELA
CHAPELA
- Noticias
- Agenda
- Descargas
– O Concello de Redondela acolleu onte a sinatura dos convenios anuais coa asociación Lenda, á que corresponden 20.000 euros, e coa Asociación Española contra o Cancro, por un importe de 6.000 euros.
– A alcaldesa, Digna Rivas, puxo de manifesto a importancia de apoiar desde o Concello a estes colectivos “que desenvolven unha gran labor social e asistencial da que se benefician moitas familias do noso municipio”.
O Concello de Redondela acolleu onte o acto de sinatura de dous convenios con colectivos que realizan labores sociais e asistenciais no municipio. No caso de Lenda trátase dunha asociación de Saúde Mental que presta atención, asesoramento e información aos enfermos e familiares. Realizan labores de sensibilización e actividades de ocio, obradoiros, viaxes e deportes. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que ademais participan activamente en todas as actividades e eventos que se realizan no municipio. O convenio do Concello con esta asociación incrementouse este ano máis dun 33%, e pasa dos 15.000 euros ata os 20.000 euros. Por outra banda, a Asociación Española contra o Cancro é unha organización sen ánimo de lucro que ofrece atención psicolóxica, sanitaria e social para os enfermos de cancro e as súas familias, ademais de facer unha gran labor de divulgación. A achega do Concello de Redondela con esta asociación increméntase un 50%, ao pasar dos 4.000 do ano pasado aos 6.000 euros do presente exercicio.
A alcaldesa, Digna Rivas, asinou os convenios con Olga Rodríguez Puga, por parte de Lenda, e Amparo Alonso Monteagudo, por parte da Asociación Española contra o Cancro.
Son en total 21 os colectivos e asociacións que reciben este ano do Concello de Redondela 319.500 euros en concepto de subvencións nominativas, un importe que se incrementa en 71.500 euros con respecto ao ano pasado. Entre as entidades beneficiarias hai tres novas: a Asociación Cultural e Deportiva de Rande pola celebración da Batalla de Rande (22.000 euros), a Fundación Érguete (10.500 euros) e o CCD Cesantes pola Bandeira Feminina Cesantes (9.000 euros) .
Outros colectivos que incrementan a subvención con respecto ao ao pasado, ademais de Lenda e a Asociación Española contra o Cancro, con Andaina, Afaga, a Confraría de Redondela, Millo Verde, ACS Chapela Escola de Música, Xente Titiriteira e a Asociación de Empresarios. Outros colectivos e asociacións que reciben subvencións por parte do Concello a través de convenios son Cáritas, Fundación Santa Cruz, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, ONG Da Man, Fundación Amigos de Galicia, CCD Cesantes Bandeira Redondela, CCD Cesantes Bandeira de Bateis, CR Chapela Bandeira Feminina Chapela e CR Chapela Bandeira Masculina Chapela.
A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que é un compromiso do seu goberno “apoiar a labor que están a realizar as diferentes asociacións e entidades en beneficio da veciñanza redondelá no ámbitos social, económico, cultural ou deportivo”.
O Concello de Redondela acolleu este mediodía a sintura dos convenios coa Fundación Amigos de Galicia, cunha subvención por un importe de 6.000 euros, e a Fundación Santa Cruz, cunha subvención de 3.000 euros.
Son en total 21 os colectivos e asociacións que reciben este ano do Concello de Redondela 319.500 euros en concepto de subvencións nominativas, un importe que se incrementa en 71.500 euros con respecto ao ano pasado. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que é un compromiso do seu goberno “apoiar a labor que están a realizar as diferentes asociacións e entidades en beneficio da veciñanza redondelá no ámbitos social, económico, cultural ou deportivo”.
– O Concello de Redondela acolleu o acto de sinatura dos convenios coa asociación Andaina, á que corresponden 20.000 euros, con Afaga, por un importe de 18.000 euros, e Cáritas, cun total de 20.000 euros.
– A alcaldesa, Digna Rivas, puxo de manifesto a importancia de apoiar desde o Concello a estes colectivos “que desenvolven unha gran labor social e asistencial da que se benefician moitas familias do noso municipio”.
O Concello de Redondela acolleu o acto de sinatura de tres convenios con colectivos que realizan labores sociais e asistenciais no municipio. No caso de Andaina trátase dunha asociación sen ánimo de lucro creada por familias de nenos e nenas con diversidade funcional, e atenden a persoas tanto na etapa adulta como na infancia. O convenio do Concello con esta asociación incrementouse este ano, e pasa de 18.000 a 20.000 euros. Afaga Alzhéimer é una entidade sen ánimo de lucro que realiza diferentes actividades para mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzhéimer e outras demencias. En Redondela ofrecen talleres de estimulación funcional e cognitiva e tamén de prevención do deterioro cognitivo. O convenio con Afaga tamén se incrementou este ano e Concello achega 3.000 euros máis que no exercicio anterior, cun total de 18.000 euros. Por último, o convenio asinado con Cáritas mantén o importe do ano pasado, cunha subvención de 20.000 euros. Os convenios foron rubricados pola alcaldesa, Digna Rivas, e por Lara Naya, Juan Carlos Rodríguez e Gabriel Gómez como representantes de Andaina, Afaga e Cáritas respectivamente.
Son en total 21 os colectivos e asociacións que reciben este ano do Concello de Redondela 319.500 euros en concepto de subvencións nominativas, un importe que se incrementa en 71.500 euros con respecto ao ano pasado. Entre as entidades beneficiarias hai tres novas: a Asociación Cultural e Deportiva de Rande pola celebración da Batalla de Rande (22.000 euros), a Fundación Érguete (10.500 euros) e o CCD Cesantes pola Bandeira Feminina Cesantes (9.000 euros) .
Outros colectivos que incrementan a subvención con respecto ao ao pasado, ademais de Andaina e Afaga, son a Confraría de Redondela (que aumenta de 5.000 a 10.000 euros9, Asociación Española Contra o Cancro (que pasa de 4.000 a 6.000 euros), Lenda (de 15.000 a 20.000 euros), Millo Verde (de 18.000 a 20.000 euros), ACS Chapela Escola de Música (de 36.000 a 39.000 euros), Xente Titiriteira (de 56.000 a 59.000 euros) e a Asociación de Empresarios (pasa dos 10.000 aos 15.000 euros).
Ao igual que Cáritas outras oito asociacións manteñen a mesma cantidade que no exercicio anterior: Fundación Santa Cruz (3.000 euros), Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (4.000 euros), ONG Da Man (2.500 euros), Fundación Amigos de Galicia (6.000 euros), CCD Cesantes Bandeira Redondela (12.000 euros), CCD Cesantes Bandeira de Bateis (2.500 euros), CR Chapela Bandeira Feminina Chapela (9.000 euros) e CR Chapela Bandeira Masculina Chapela (12.000 euros).
A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que é un compromiso do seu goberno “apoiar a labor que están a realizar as diferentes asociacións e entidades en beneficio da veciñanza redondelá no ámbitos social, económico, cultural ou deportivo”.