Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

O Concello mostra o seu apoio á Asociación de Cancro de Redondela e impulsa a campaña “Recicla Vidro por Elas” no Día Mundial Do Cancro de Mama

Concello de Redondela
19-10-2022
0
O Concello mostra o seu apoio á Asociación de Cancro de Redondela e impulsa a campaña “Recicla Vidro por Elas” no Día Mundial Do Cancro de Mama

Neste día sinalado o Concello de Redondela mostra o seu apoio aos familiares e pacientes de cancro asistindo ao evento organizado pola Asocación de Cancro de Redondela e impulsando novas iniciativas solidarias. O Concello de Redondela mostra o seu apoio no día Mundial do Cancro de Mama á Asociación de Cancro de Redondela, que en palabras da alcaldesa Digna Rivas, “traballa todo os días do ano para impulsar a investigación e o benestar dos pacientes e sobrevivientes de cancro”.


Ademais da mesa informativa aportada pola asociación, o Concello presentou a campaña “Recicla Vidro por Elas”. Unha colaboración con Ecovidro que ten como intención mobilizar á cidadanía para reciclar envases de vidro para coidar do medioambiente e contribuír así cunha causa solidaria: a prevención do cancro de mama.

Desde hoxe e durante as próximas semanas, estará situado en Redondela un contenedor rosa de reciclaxe. Ecovidrio transformará os envases de vidro depositados nos contedores nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra.

“Queremos motivar aos veciños e veciñas de Redondela a reciclar por unha boa causa. Un xesto sinxelo pode converterse nunha gran axuda gracias a entidades sen ánimo de lucro como Ecovidro”, explicaba Digna Rivas.

ASOCIACIÓN CANCRO REDONDELA

No que vai de ano, desde a Asociación Española Contra o Cancro levan a cabo un total de 414 intervencións no Concello de Redondela das cales 250 correspóndense con atención psicosocial a pacientes en final de vida, 84 a Atención Psicolóxica e 70 a traballo social. Segundo Rivas, “o Concello de Redondela quere seguir colaborando de forma estreita aportando espazos e apoio material para que estas intervencións poidan levarse acabo”.

Na mesa solidaria, con motivo do Día Mundial de Cancro de Mama, estaban presentes as representantes da asociación Amparo Alonso, Maika Lamas e Aurora Alonso quenes quixeron agradecer a colaboración do concello: “que permítenos chegar máis lonxe coa nosa mensaxe”.

“Que o tasa de supervivencia do cancro de mama esté nun 85% é grazas á investigación, pero tamén a axuda da poboación que o fai posible. Temos a sorte de contar coa movilización de asociacións como a Asociación de Cancro de Redondela”, conclúe Rivas.