Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Donación de sangre en Redondela

Concello de Redondela
30-01-2020
0
Donación de sangre en Redondela

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Redondela

Martes, 4 de febreiro

  • I.E.S. CHAPELA
    UNIDADE MÓBIL DIANTE DO INSTITUTO
    10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas

Xoves, 6 de febreiro

  • CESANTES de 16:00 a 18:30 horas
    UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FARMACIA( ZONA ALTA DE CESANTES)

  • CEDEIRA de 19:00 a 21:00 horas
    UNIDADE MÓBIL A CARON DO COLEXIO PUBLICO

 

Agradecemos toda a colaboración, vital para tratar de acadar as 500 doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a centos de enfermos