Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

O proxecto do estacionamento disuasorio na contorna da Praza de Ponteareas entra nos seus últimos días de licitación

Concello de Redondela
24-08-2022
0
O proxecto do estacionamento disuasorio na contorna da Praza de Ponteareas entra nos seus últimos días de licitación

O aparcadoiro, iniciativa do Goberno socialista que preside Digna Rivas, da resposta ás necesidades de residentes e veciñanza xa que “a Praza de Ponteareas sen ese estacionamento, non tería sentido”, explica a alcaldesa

O proxecto do aparcadoiro disuasorio que quedará instalado na contorna da Praza de Ponteareas, entra nos últimos días do proceso de licitación para, unha vez pechado este, dar comezo a unha obra que “non só contribuirá a dar solución ao estacionamento dos vehículos das persoas residentes na zona, senón que será un paso máis para a desmasificación de, diariamente se produce nas beiravías da estrada”, explicou hoxe a alcaldesa Digna Rivas.

Rivas lembrou que o proxecto do aparcadoiro disuasorio foi “unha aposta deste Goberno consciente da necesidade de dotar á contorna dun lugar es aparcamento tanto para as persoas residentes como para a veciñanza en xeral”. “A Praza de Ponteareas, sen un aparcadoiro adecuado, sería unha obra totalmente carente de sentido e nesa liña, damos resposta ao compromiso adquirido coa veciñanza”, apunta.

A rexedora local subliñou a importancia de que Redondela poida contar contar “cun aparcadoiro próximo ao centro urbano que complemente aos dous xa existentes no casco urbano –fronte ao mercado de abastos e no Campo da Feira– reforzados tamén polo aparcadoiro soterrado da Xunqueira”.

A maiores de ser un proxecto que da continuidade á transformación iniciada polo Goberno socialista de Redondela no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía, o estacionamento, “cunha situación estratéxica –xusto na entrada do centro urbano– contribuirá á diminución do tráfico rodado no casco urbano dada a súa proximidade ao mesmo”.

A actuación que se vai desenvolver na zona terá tamén un impacto medioambiental positivo engadido, xa que o solar linda co río e conecta co paseo do Salgueiral o que permitirá un maior aproveitamento deste espazo natural e a súa posta en valor.

Rivas lembrou que, no seu momento, o Goberno que preside foi quen de formalizar, ante notario, a compra da parcela situada a carón do convento de Vilavella, de 4000 metros cadrados e a nave situada na mesma –que será derrubada para a creación do aparcadoiro–, ata entón propiedade da firma Building Center, nun prezo que quedou establecido en 449 350 euros dos que 416 226 euros foron achegados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019.

A compra do solar supuña o primeiro e imprescindible paso para acometer o ambiciosos proxecto de transformar completamente a Praza de Ponteareas, unha das principais vías de entrada ao casco urbano, “e gañar o espazo para as persoas, para o esparexemento da veciñanza e para a convivencia cidadá”.

Nese sentido, as liñas marcadas e actuacións desenvolvidas polo Goberno socialista de Redondela coinciden plenamente coa idea da Unión Europea das Cidades 2030, de transformar cidades e pobos nos que as persoas sexan máis importantes que os vehículos.