Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Redondela recupera a memoria da Casa do Pobo

Concello de Redondela
14-06-2023
0
Redondela recupera a memoria da Casa do Pobo

A pasada semana instalouse na rúa Ribeira un panel dedicado á Casa do Pobo. O edificio, onde se sitúa actulamente a perruqería Lagos, no pasado foi o local da Sociedade de Mariñeiros de Redondela e durante a República a Casa do Pobo. O panel reproduce unha fotografía, doada polo pintor local Ángel Barros pois o seu pai fora presidente da sociedade, onde aparecen numerosos veciños de Redondela.O concello solicita a colaboración da cidadanía para ir, pouco a pouco, identificando a cada unha das persoas retratadas. A carón desta fotografía tamén se recollen documentos da incautación da Casa do Pobo por parte das autoridades franquistas.