Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Dezaseis equipos participarán no Torneo Concello de Redondela de Fútbol Base 2022

Concello de Redondela
18-06-2022
0
Dezaseis equipos participarán no Torneo Concello de Redondela de Fútbol Base 2022

Os encontros disputaranse no campo de fútbol de Chapela (Parada) o sábado 25 e o domingo 26 de xuño

O campo de fútbol de Chapela acollerá, os días 25 e 26 de xuño, sábado e domingo, os partidos correspondentes ao Torneo Concello de Redondela de Fútbol Base 2022, competición que conta coa colaboración do Chapela Club de Fútbol e no que participarán un total de dezaseis equipos de toda a provincia.

Club Louro Tameira, Club Deportivo Choco, A.J. Lérez, Peñasco F.C., Grupo Casa Paco 81, C.D. Teis, Lavadores F.C., U.D. Mos, S.D. Cruces, Gondomar F.B., Rácing Vilariño, A.D. Val Miñor, Moledo F.C., E.F.B. Cangas, Lalín C.F. E Moañesa, serán os equipos que participen nun trofeo reservado ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

O sábado 25 de xuño terán lugar os partidos das categorías prebenxamín e benxamín, reservándose a xornada do domingo 26 de xuño para os encontros da categoría alevín. En ámbalas dúas xornadas os partidos disputaranse entre as 9:30 horas e as 21 horas.

A alcaldesa Digna Rivas aseguraba que a realización deste torneo “responde a unha das prioridades que, dende o inicio do mandato, ten a concellería de Deportes que xestiona Nacho González, que non é outra que fomentar o deporte base”.

“Non se trata só dos beneficios que ten para nenos e nenas a práctica deportiva senón que a través desa actividade incúlcanselle valores como o compañeirismo, o traballo en equipo, a solidariedade e a tolerancia”.