Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Juventud organiza tres conciertos-talleres de percusión

Concello de Redondela
26-03-2019
0
Juventud organiza tres conciertos-talleres de percusión

“ELEKTRONIK KONTAINER” é un proxecto educativo que xurde da necesidade de divulgar a cultura musical a través dunha das disciplinas máis atractivas e fascinantes como é o mundo da percusión. Toda persoa toma parte activa; de unha forma ou outra, desde a súa infancia, do contacto cos nosos primeiros sons percusivos. Os máis pequenos apóianse na observación, no interese e na curiosidade por coñecer novos
timbres.

Con este plantexamento, confío nunha nova visión deste campo. Adaptándoa a nova era tecnolóxica coa introdución de medios electrónicos e visuais. Dando forma a un proxecto educativo/divulgativo de música electroacústica apoiada con arte visual sincronizado. Este proxecto é fresco e innovador. Contextualizado en música que está continuamente cambiándose, movéndose e renovándose.

Robertoliveira propón unha serie de 3 concertos/talleres de percusión e novas tecnoloxías “Elektronik Kontainer” no Concello de Redondela.

Representacións todas elas con variación de contidos dentro da temática do proxecto e onde da man do artista Robertoliveira tamén farán un análise Sonoro/Visual das obras interpretadas, conseguindo que cada representación sexa especial, irrepetíble e dándolle un maior aporte educativo e cultural o Concello de Redondela.

REPRESENTACIÓN:

“ELEKTRONIK KONTAINER 6 de ABRIL”
17:00H - Auditorio do Piñeiral do Crego de CHAPELA

“ELEKTRONIK KONTAINER 11 de MAIO”
17:00H - Auditorio Multiusos da XUNQUEIRA

“ELEKTRONIK KONTAINER 15 de XUÑO”
17:00H - Auditorio Multiusos da XUNQUEIRA

DURACIÓN do Proxecto: ELEKTRONIK KONTAINER CONCERTO/TALLER de 50min aprox.

MATRÍCULAS:  Pinchar aquí

CONTIDOS do Proxecto:

  • Presentación e uso cos asistentes do programa de edición de imaxe Final Cut.
  • Grabación e realización con teléfono móbil de un pequeno videoclip cos asistentes.
  • Presentación e manipulación sonora do vibráfono con obxetos non convencionais (moedas, cadenas, arcos de violín..).
  • Interpretación de varias pezas musicais para percusión, electrónica e arte visual sincronizado.
  • Análise dos videos de Arte Visual Sincronizado utilizados en cada representación

OBXECTIVOS do Proxecto:

  • Acercar a música contemporánea, neste caso “música electroacústica con medios visuais” o público en xeral dunha forma máis cercana e divertida.
  • Establecer pontes entre a música e o audiovisual.
  • Coñecer novas formas de manipulación sonora dun instrumento de percusión con apps.
  • Coñecer novas formas de manipulación sonora dun instrumento de percusión con obxectos cotiás (moedas, auga..).
  • Participar activamente nunha charla-concerto dunha forma lúdica e motivadora.
  • Activar un posible interese no mundo do audiovisual como posible vía profesional.
  • Espertar no noso público o pracer e a necesidade de escoitar un concerto “in situ”.
  • Fomentar un uso axeitado das novas tecnoloxías.

A actividade proposta, ademais de contidos específicos da área de música e tecnoloxía, aborda outros contidos transversais como a expresión oral, a educación en valores e o desenvolvemento do pensamento crítico.