Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

O «Berete Rock» volverá a encher de música o Paseo Marítimo de Chapela

Concello de Redondela
15-07-2022
0
O «Berete Rock» volverá a encher de música o Paseo Marítimo de Chapela

A novena edición do festival, todo un referente no calendario galego do rock, volve á normalidade dous anos despois da súa última cita cun cartel “potente” nun marco natural de excepción como é o Paseo Marítimo de Chapela

O vindeiro 6 de agosto, o Paseo Marítimo de Chapela volverá a converterse nun extraordinario escenario natural para acoller a novena edición do «Berete Rock» organizado pola Asociación Berete Rock e o Concello de Redondela, a través da Concellería de Cultura que dirixe Iria Vilaboa.

“Cando hai ideas e traballo, non hai barreiras nin límites e o Berete Rock é un bo exemplo diso” asegurou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na presentación do IX Berete Rock logo de que no 2020 e 2021 o festival non puidera celebrarse por mor das restricións marcadas pola pandemia.

“Dous anos complicados como os que tivemos non foron quen de impedir que a Asociación Berete Rock mantivera a ilusión e a transformase hoxe, neste 2022, nun cartel potente que reafirma Berete Rock como un dos festivais de referencia da música rock en toda Galicia”.

Así, a partir das 21 horas do vindeiro 6 de agosto, levantarase o telón no Paseo Marítimo de Chapela para que o rock sexa o protagonista. Para esta edición do 2022, a novena do festival, traballouse arreo como xeito de resarcirse de dous anos de ausencia.

Atreides, El Tren, Moon Cresta, Nostromo e Motores na súa xira de trinta aniversario, nomes inseparables da historia do rock e que dan conta da importancia do festival.

Un dos grandes méritos do Berete Rock e terse convertido nun festival con nome propio e cita imprescindible para os amantes dun xénero “que non sabe de idades”, asegura Digna Rivas, “apostando polos grupos da contorna e demostrando que nesta terra non só temos de todo, senón que somos capaces de todo”.