Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Comeza a iniciativa «Xoves na horta do Pousadouro»

Concello de Redondela
10-08-2022
0
Comeza a iniciativa «Xoves na horta do Pousadouro»

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, desenvolverá unha actividade encamiñada a poñer en valor tanto a horta ecolóxica existente no Pousadouro coma a súa apertura á cidadanía para que poidan coñecela e, ao mesmo tempo, iniciarsenas actividades produtivas sostibles e ecolóxicas.
A iniciativa, como explica a alcaldesa Digna Rivas, «Xoves na horta do Pousadouro» “é unha actividade totalmente gratuíta dirixida a todas as franxas de idade, que se desenvolverá, como o seu propio nome indica, durante todos os xoves de agosto –de 18:30 h a 20 horas– e setembro –de 18 h a 19:30 horas– e que contarán coa asistencia dun educador/a ambiental capacitado/a para a revisión do cultivo ecolóxico.
“ É unha actividade dinámica, participativa, didáctica e, ao mesmo tempo divertida, xa que sobre o terreo se traballará na recollida de produción e tratamento e coidado da horta en grupos, seguindo as indicacións que dea o educador/a”, explica a alcaldesa de Redondela.
Así, a actividade dará comezo na propia horta, onde se lles explicarán as diferentes especies cultivadas e os métodos de cultivo de cada unha delas. Iránse interpretando os métodos máis viables, os fertilizantes naturais utilizados e a importancia do produto de tempada e local, no conxunto de dar economía ao negocio local, importancia do autoconsumo, cultivar con calidade e a repercusión sobre a saúde que todo isto ten.
Unha vez que remate a recollida, levarase a cabo un xogo de tarxetas, apto tanto para a infancia como para persoas adultas, onde deberán utilizar o aprendido para atopar as respostas e levar o premio que serán os propios produtos recolectados.
“ «Xoves na horta do Pousadouro» vai permitir que as persoas participantes poidan desfrutar da horticultura ecolóxica xerando un contacto directo cos produtos recollidos e apreciar o autoconsumo sostible”, engade Digna Rivas.
Para participar nesta actividade, non é precisa inscrición previa,polo que as persoas interesadas non terán máis que presentarse na finca do Pousadouro á hora de inicio da actividade. Para obter máis información, poden dirixirse á Oficina de Turismo situada na Casa do Concello ou a través do enderezo de correo electrónico turismo@redondela.gal