Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Actividades para os máis cativos na Biblioteca Xela Arias, da man do alumnado de Educación Infantil do IES Chapela

O alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela achega de novo á súa biblioteca pública máis próxima actividades de animación lectora para os cativos e cativas.

O mércores 12 e o mércores 19 de abril, ás 18:00 h., gozaremos dos contos que nos achegan estes estudantes, acompañados con orixinais xogos e materiais creativos deseñadospor eles.

As actividades están dirixidas para nenas e nenos a partir de 3 anos, con prazas moi limitadas.
Podedes facer a vosa inscrición para as dúas xornadas na Biblioteca de Chapela.

Con estas actividades voltamos ás colaboracións da biblioteca municipal co Ciclo Superior de Educación Infantil de Chapela.

Compartir