Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.
Cargando Eventos

Día Mundial da Poesía con Andreia Costas

21 marzo @ 20:00 - 21:30

O 21 de marzo comeza a Primavera.
O 21 de marzo é o Día Internacional dos Bosques.
E o 21 de marzo é, tamén, o Día Mundial da Poesía.

Unha data moi destacada, como vedes, e para a que a Biblioteca Xela Arias ten preparada unha actividade de interés para amantes das letras, da literatura e da performance.

A escritora e artista Andreia Costas visitaranos esa tarde para facernos gozar da poesía, presentando o seu último libro: “Magnolia punk e outras arritmias” e homenaxeando, xaora, a quen é unha das súas referentes: a poeta Xela Arias, que da nome á nosa biblioteca.

Será o xoves 21 de marzo, ás 20:00 h.

Se queredes deixarvos sorprender pola poesía, achegádevos á Xela Arias.

A actividade está enmarcada dentro do ciclo Aquí sí hai quen escriba, organizado polas bibliotecas municipais para promover e dar a coñecer a obra escrita e tamén a labor de creatividade da veciñanza redondelá.

Comparte

  • Este evento ha pasado.

Local

Biblioteca de Chapela
Camiño do Piñeiral, 22
Chapela, Redondela,Pontevedra36320España
Teléfono
986 454 226

Compartir