Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

A Policía Nacional celebra o seu bicentenario cunha exhibición de cabalería, guías caninos, drons e Tédax

O Comisario Xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela, Ramiro José Gómez García, presentou esta mañá as exhibicións que esta fin de semana se celebran en Redondela e Vigo co gallo do bicentenario da Policía Nacional. En Redondela será o sábado, día 25, ás 18.00 horas no campo da feira coa presenza da cabalería, equipos de drons, os corpos especiais de desactivación de explosivos e tamén demostracións da Policía Científica, entre outras actividades. Na presentación, na que participaron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, os rexedores puxeron e valor “o traballo dos homes e mulleres da Policía Nacional, que velan a diario pola seguridade de toda a cidadanía”. Rivas animou a todos os veciños e veciñas de Redondela a achegarse este sábado ao campo da feira, para presenciar estas exhibicións, nas que haberá tamén actividades e sorpresas dirixidas especialmente aos máis pequenos. O Comisario sinalou que serán unhas actividades “perfectas para pasar un día en familia”.

En Vigo as exhibicións serán no parque de Castrelos, o domingo día 26 ás 11.00 horas.

Compartir