Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Axudas para a adquisición de libros e material curricular destinadas a alumnado matriculado en centros docentes públicos de educación infantil de Redondela da segunda etapa (de 3 a 5 anos)

Descrición

É obxecto destas bases e convocatoria establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co fin de paliar os gastos que supón a escolarización dos membros da familia.
Subvenciónase a través deste procedemento a adquisición de libros e material escolar de Educación Infantil (segunda etapa) para alumnos matriculados en centros docentes públicos con enderezo en Redondela.
Estas axudas outorgaranse de acordo cos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade establecendo un procedemento que tenta ser áxil e eficaz.

Requisitos

Criterios obxectivos necesarios para ser beneficiario/a destas axuda:

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación infantil (segunda etapa), nun dos centros públicos de Redondela.

b) A persoa solicitante e a/o alumna/o para a/o que se solicita a axuda deben estar empadroadas/os no municipio de Redondela.

c) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

d) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 8.800,00 €. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 5.

e) Estar ao corrente, tanto a persoa solicitante como os demais membros da unidade familiar, por todos os conceptos nas obrigas tributarias e non tributarias coa facenda local, e os seus organismos autónomos.

f) Atoparse ao corrente, tanto a persoa solicitante como os demais membros da unidade familiar, no cumprimento das demais obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

O cumprimento dos requisitos recollidos nos apartados a), b) e e) serán comprobados de oficio polo Concello de Redondela.

Compartir