Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O Concello convoca as axudas para a adquisición de libros e material escolar de Educación Infantil

O Concello de Redondela ten aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros e material curricular destinadas a familias con nenos e nenas matriculados en centros públicos no segundo ciclo de Educación Infantil de Redondela (de 3 a 5 anos). O concelleiro de Ensino, Iván Valles, explica que estas axudas teñen por obxectivo establecer un réxime compensatorio para familias con carencias económicas “co fin de paliar os gastos que supón esta escolarización”. Subvenciónase a través deste procedemento a adquisición de libros e material escolar. O Concello conta cunha partida de 8.500 euros para estas axudas. O importe da subvención corresponderase co custe total de adquisición dos libros e o material escolar solicitado polo centro escolar ata unha cantidade máxima de 70 euros por vale.

Entre os requisitos para optar a estas axudas establécense uns criterios económicos polos que a renda per cápita familiar debe ser igual ou inferior a 8.800 euros. O prazo de solicitudes remata o 31 de xullo. As solicitudes poden presentarse no rexistro do Concello ou na sede electrónica.

Compartir