Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O Concello outorga a Carla Abad Alonso o recoñecemento “Orgullo redondelán”

O Concello de Redondela acolleu a pasada semana a recepción a Carla Abad Alonso. A ex deportista e adestradora de balonmán recibiu o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e do concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos. Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con deportistas e adestradores “ao máis alto nivel no balonmán” e auguroulle moitos éxitos no futuro a Carla Abad.

Carla comezou de nena na canteira da SAR, e xa en categoría absoluta militou na elite do balonmán en equipos como o Guardés. Graduada en Ciencias da Actividade Física, traballa como adestradora en varios equipos e forma parte do corpo técnico das Federacións Galega e Española de Balonmán. Como técnica da selección galega en 2019 acadou o bronce no Campionato de España categoría Infantil feminina e os subcampionatos de España Territoriais en 2023 nas categorías Infantil masculina e Cadete feminina. Formou parte do corpos técnicos da Selección Española Xuvenil masculina que foi Campioa de Europa en 2022 e Campioa do Mundo en 2023. Neste 2024 estivo no equipo técnico da selección Española Sub21 que acadou o Campionato de Europa Junior.

Compartir