Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O Concello mellora a mobilidade en Chapela coa renovación integral da Subida a Cidadelle

– O Concello de Redondela rematou os traballos de renovación integral da estrada de Subida a Cidadelle, en Chapela, nunha superficie duns 4.000 metros cadrados. Renovouse todo o firme de asfaltado e instaláronse novas canalizacións para a rede de saneamento, pluviais e abastecemento de auga. A compañía eléctrica traballa agora na retirada dos postes que quedan na estrada, e a próxima semana será eliminados.
– A alcaldesa, Digna Rivas, amosouse moi satisfeita co resultado duns traballos “demandados pola veciñanza desde hai máis de 20 anos, e moi necesarios”. O proxecto para a reforma da segunda fase xa está redactado para renovar un quilómetro máis de camiño. As obras realizaranse ao longo deste mandato.

A reforma integral da estrada de Subida a Cidadelle xa é unha realidade. O Concello de Redondela rematou os traballos nesta vía de Chapela coa renovación dunha superficie duns 4.000 metros cadrados. Renovouse todo o firme de asfaltado e instaláronse novas canalizacións para a rede de saneamento, pluviais, e abastecemento de auga. A compañía eléctrica traballa agora na retirada dos postes que quedan na estrada, e a próxima semana será eliminados.

A alcaldesa, Digna Rivas, visitou a estrada co concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, e amosouse “moi satisfeita co resultado dos traballos”. A rexedora afirma que con esta reforma “o goberno local cumpre coa cidadanía e dá reposta ás necesidades de mobilidade e seguridade dos residentes desta zona”. Rivas lembra que a mellora da Subida a Cidadelle “é unha demanda da veciñanza desde hai máis de 20 anos, e cando cheguei á Alcaldía non existía ningún proxecto actualizado para a renovación integral deste camiño”.

Os traballos consistiron na instaláronse novas canalizacións para a rede de saneamento, de pluviais e tamén de abastecemento de auga. Ata o de agora a zona non tiña separadas as augas pluviais e residuais, polo que nos días de choivas as augas pluviais saturaban a rede de saneamento e provocaban incidencias e desbordamentos. Coa nova canalización “vanse evitar estes problemas e que haxa desbordamentos en época de chuvias”. Tamén se renovou todo o firme de asfaltado que estaba moi deteriorado. A obra realizada contou cun orzamento de 355.465 euros, financiados con fondos do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.

O proxecto para acometer a segunda fase da estrada xa está rematado

A alcaldesa avanzou que “o proxecto para a segunda fase da Subida a Cidadelle xa está redactado para renovar un quilómetro máis de camiño, e as obras realizaranse ao longo deste mandato”. Rivas explicou que, como no caso da primeira fase “trátase de obras moi complexas polas características desta vía, que ten unha gran pendente” e desde o goberno local “seguimos traballando para mellorar as comunicacións en Chapela.

Compartir